Sarah Agnes James, nada en 1946, é unha Neets'aii Gwich'in nativa de Arctic Village, Alasca, Estados Unidos, e membro do consello do International Indian Treaty Council. Recibiu o premio Ambiental Goldman en 2002 xuntamente con Jonathon Solomon e Norma Kassi. Recibiron o premio polo seu combate pola protección do Refuxio Nacional de Vida Salvaxe do Ártico (ANWR) contra os plans de exploración e perforación de petróleo. A exploración de petróleo e gas perturbaría o ciclo de vida do caribú Porcupine, que foi a base da cultura Gwich'in durante 20.000 anos.

Política e presións En novembro de 1969, James xuntouse a un grupo de estudantes indíxenas liderados polo activista Mohawk Richard Oakes que ocupou a antiga illa-prisión de Alcatraz en San Francisco, CA.

Na década de 1990, James visitou comunidades en paíse de América do Sur (Brasil, Ecuador, Nicaragua e Guatemala), falando polos menos privilexiados. Tamén apareceu en programas de televisión (CNN, MacNeil-Lehrer, CBS). Máis tarde foi a Washington, tentando esclarecer conceptos que eles cren que as empresas de petróleo terxiversan, e avogando pola preservación do Refuxio Nacional de Vida Salvaxe do Ártico.Bert Gildart: "The power of one in a remote land" The Christian Science Monitor (Consultado o 30 de decembro de 2007)

Recoñecementos En 1993 recibiu a Alston Bannerman Fellowship. En 2001, recibiu o premio "Liderazgo para un Mundo en Cambio" concedido a líderes notábeis pero pouco coñecidos. En 2002, recibiu o premio Medioambiental Goldman para "ambientalistas de base", xuntamente con Jonathon Solomon Sr. e Norma Kassi. Tamén recibiu o premio do National Conservation Land Trust en 2002. En 2004, recibiu o "Premio Ecotrust para o Liderazgo Indíxena", e en 2006 gañou da Fundación de Conservación de Alasca o "Premio Celia Hunter para Conservadores Excepcionais".

Notas

Categoría:Ecoloxistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Alasca Categoría:Nados en 1946 Categoría:Premio Medioambiental Goldman