Anna Luísa Bessera Santos, nada en Salvador o 24 de setembro de 1997, é unha emprendedora ambiental brasileira. É a fundadora e CEO de Safe Drinking Water for All (SDW for all), un sistema de filtración para desinfectar a auga da choiva recollida a partir de cisternas. Recibiu o premio "Mozos Campións da Terra" do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente en 2019. A Shell Company concedeulle un premio no seu programa LiveWIRE, na categoría "Prosperidade local" polo seu traballo na SDW. Anna Luísa tamén é membro da organización internacional Young Water Solutions.

Traxectoria Aos 15 anos, Anna Luísa desenvolveu un produto denominado Aqualuz, un sistema de filtrado de desinfección solar de auga. O seu mentor incentivouna a lanzar un emprendimiento social en torno ó produto. O seu negocio procura levar auga para algunhas das áreas máis secas do Brasil. A SDW actúa con proxectos ESG para saneamento para áreas rurais, onde empresas invisten nas comunidades locais, e foi considerada unha das 50 startups que van mudar o Brasil.

Estudou biotecnoloxía na Universidade Federal da Bahia.

En 2019 recibiu o premio "Mozos Campións da Terra" do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o premio Hugo Werneck de Sostibilidade e Amor á Natureza.

Notas

Categoría:Activistas do Brasil Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados no Brasil