Julia "Judy" Bonds, nada o 27 de agosto de 1952 e finada o 3 de xaneiro de 2011, foi unha organizadora e activista das montañas Apalaches de Virxinia occidental, Estados Unidos. Criada nunha familia de mineiros do carbón, traballou desde unha idade temperá en empregos de soldo mínimo. Bonds era a directora da Coal River Mountain Watch (CRMW), ("Garda montañeira do río Coal"). Foi alcumada "a madriña do movemento en contra da minería de carbón a ceo aberto".
Activismo ambiental Moita da súa actividade organizadora centrouse no papel desempeñado pola compañía mineira Massey Energy de Richmond, Virxinia, e a devastación en Marfork Hollow, do val do río Coal, así como noutras comunidades nos Apalaches. Bonds testificou en contra da compañía en audiencias reguladoras, demandou á minería de superficie e liderou protestas contra Massey. Cara a 2003, levara á CRMW a asociarse con United Mine Workers Union ("Sindicato de traballadores mineiros unidos") para deter o perigoso uso de camións carboeiros sobrecargados por parte das compañías mineiras e para convencer á axencia de responsabilidade mineira estatal a protexer mellor as comunidades do val das voaduras mineiras. En 2009, trouxo á actriz Daryl Hannah e ao científico da NASA James Hansen para protestar contra a proximidade dun dique e un silo de almacenamento para residuos de carbón xunto a unha escola de primaria de Virxinia Occidental. A CRMW, o Sierra Club e outros grupos puxeron un preito en abril de 2010 acusando á Massey Energy de violar a Clean Water Act dos Estados Unidos.
Durante anos soñou cunha "marcha dos mil montañeses" en Washington DC, En setembro de 2010, aquel soño faríase realidade ao marchar miles até a Casa Branca polo "Ascenso de Apalachia"', un movemento de masas co fin de persuadir ao Congreso dos Estados Unidos para que detivese a expedición de recheos do val e outros tipos de permisos que permitirían ás empresas arrasar as montañas por completo coa prospección carboeira. Trala sentada nas oficinas do Corpo de enxeñeiros do exército, bloqueando a EPA e o Banco PNC, foron arrestados na Casa Branca un número sen precedentes de aproximadamente 100 manifestantes.. Consultado o 4 de xaneiro de 2011.
Recoñecementos A Bonds outorgóuselle o Premio Ambiental Goldman en 2003, por liderar a loita contra a práctica mineira denominada minería de carbón a ceo aberto na cordilleira dos Apalaches. Nunha entrevista despois de recibir o premio, Bonds relatou como os seus principios se baseaban nas ensinanzas da súa nai, as súas conviccións relixiosas (de ambos os proxenitores, baptistas e cherokís) e das escrituras de Martin Luther King e Gandhi:O meu sentido da xustiza e a ultraxe veñen da miña nai. (...) Estamos aquí para coidar e responsabilizarnos desta terra (...) Sei que o que fago está ben. Poden chamarme como queiran. Non vou parar.Vernon Haltom, codirector da CRMW, escribiu sobre a paixón de Bonds pola xustiza ambiental en Apalachia:Judy soportou moito sufrimento persoal polo seu liderado. Mentres persoas con moita menos coraxe adozarían as súas palabras ou sinxelamente calarían e sentarían, Judy falaba en voz alta en canto pasaba algo. Soportou agresión física, abuso verbal e ameazas de morte porque se mantivo firme pola xustiza para a súa comunidade.Bonds morreu de cancro o 3 de xaneiro de 2011, con 58 anos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Maria Gunnoe Minería a ceo aberto
Bibliografía
Ligazóns externas
YouTube. Consultado o 4 de xaneiro de 2011. YouTube. Consultado o 4 de xaneiro de 2011.
YouTube. Consultado o 4 de xaneiro de 2011. YouTube. Consultado o 4 de xaneiro de 2011. On Coal River. Vimeo. Consultado o 4 de xaneiro de 2011. Coal River Mountain slideshow Ilovemountains. Consultado o 4 de xaneiro de 2011.
Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en 1952 Categoría:Ecoloxistas dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Medioambiental Goldman