Na mitoloxía grega, Eufemo era fillo de Poseidón, deus do mar, e de Europa, filla do xigante Ticio. Nalgunhas fontes, a nai de Eufemo era Orís, filla doutro xigante, Orión Escolio sobre as Píticas de Píndaro, 4.45; Tzetzes: Quilíadas, 2.43.; ou ben de Celeno "Eufemo, Lico e Nicteo, de Celeno, filla de Ergeo" (Hixino: Fábulas 14, 15)..

Eufemo posuía dotes adiviñatorias, pero a súa principal capacidade era a de andar sobre a auga, un poder que lle outorgara o seu padre.Apolonio de Rodas: Argonáuticas, I, 179 ss..

Na viaxe dos Argonautas, cando chega o momento de pasar o estreito das Simplégades, o temoneiro do Argo, Eufemo, comproba as posibilidades de cruzalo con éxito soltando unha pomba, seguindo os consellos do adiviño Fineo A quen os Argonautas liberaron previamente da persecución das Harpías.. Se a pomba conseguía pasar, eles tamén poderían facelo, pero se as rochas errantes se pechaban sobre a pomba significaba que os deuses non lles eran propicios. Efectivamente, a pomba pasou entre elas, pero as rochas pecharon o paso e arrincáronlle as plumas do rabo.

Os Argonautas esperaron a que volveran a abrirse e vogaron con forza para pasar. O barco logrou pasar, pero as rochas pecháronse e esmagaron parte da popa Desde ese momento, as rochas errantes nunca máis pecharon o paso, como estaba profetizado que sucedería se algún barco conseguía cruzar o estreito..

Máis adiante, cando se encontraban no lago Tritonis buscando a saída cara ao mar, aparecéuselles o deus Tritón. Eufemo preguntoulle o camiño e Tritón indicoullo, dándolle ademais un baloco de terra. Deste xeito conferíalle ós seus descendentes o dereito a reinar sobre Libia Así, Bato, descendente afastado de Eufemo, fundou Cirene, na actual Cirenaica, na costa noroeste de Libia (Píticas, 4.1; Argonáuticas, II, 562)..

Eufemo lanzou ó mar este terrón de terra, e de aí xurdiu a illa de Tera, actual Santorini.

Segundo Hixino, Eufemo foi un dos participantes na caza do xabaril de Calidón Fábulas, 173, 1.

Casou con Laónome, irmá do heroe Heracles, e tivo un fillo, Leucófanes, con Málaque (ou Malicha, Malache ou Lamache), unha muller de Lemnos Escolio sobre las Píticas de Píndaro, 4.45; Tzetzes: Sobre Licofrón, 886..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Homes na mitoloxía grega