Imelda Mary Philomena Bernadette Staunton, nada en Archway, Londres, o 9 de xaneiro de 1956, é unha actriz inglesa.

Traxectoria Staunton naceu en Londres, filla única de Bridie (McNicholas), peiteadora, e Joseph Staunton, obreiro e traballou na construción de estradas. A familia vivía sobre o salón de peiteado da súa nai. Os seus pais eran inmigrantes católicos de primeira xeración do condado de Mayo (Irlanda).

Animada por un mestre de oratoria da súa escola, Staunton participou en probas para escolas de arte dramática e entrou na Royal Academy of Dramatic Art (RADA) aos dezaoito anos, graduándose en 1976.

O primeiro papel importante de Staunton no cinema foi no filme de 1986 Comrades. Comezou a recibir atención internacional en 1993 pola súa interpretación de Margaret no filme de Kenneth Branagh, Much Ado About Nothing, baseado na obra de William Shakespeare. Ese mesmo ano traballou na televisión con Richard Briers e Adrian Edmondson en If You See God, Tell Him.

Staunton compartiu o Screen Actors Guild Awards ao mellor elenco de 1998 por Shakespeare in Love. Tamén prestou a súa voz a varios filmes de animación, como Chicken Run, Arthur Christmas e The Pirates! In an Adventure with Scientists.

En 2004 Staunton recibiu os premios á mellor actriz nos BAFTA e no Festival de Venecia polo seu papel en Vera Drake, filme que tamén gañou o León de Ouro. Polo mesmo papel foi candidata ao Globo de Ouro e ao Óscar. En 2005 tivo un papel ocasional no programa de humor británico Little Britain como a señora Mead.

En 2007 Staunton interpretou a maquiavélica profesora Dolores Umbridge no filme Harry Potter e a Orde do Fénix, interpretación que foi describa como roubaescenas. En 2010 volveu dar vida á mesma personaxe na sétima adaptación da saga, Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte).

Staunton foi escollida en 2020 para interpretar a raíña Isabel II na quinta temporada da serie The Crown, tomando o relevo das actrices Claire Foy e Olivia Colman que lle deron vida en etapas anteriores.

Vida persoal Staunton e o seu marido, o actor inglés Jim Carter, teñen unha filla, Bessie, nada en 1993. En 2007, os tres apareceron na serie da BBC Cranford."Imelda Staunton on acting naturally" The Sunday Times, 21 de xuño de 2008

Staunton foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) en 2006 e Comandante (CBE) en 2016, ambos nomeamentos polos seus servizos á arte dramática.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1986 Comrades Betsy Loveless 1989 A Sleeping Life Polly Flinders 1990 Yellowbacks Cheryl Newman 1990 They Never Slept The Producer 1991 Antonia e Jane Jane Hartman 1992 Os amigos de Peter Mary Charleston 1993 Much Ado About Nothing Margaret 1993 Deadly Advice Beth Greenwood 1994 Mole's Christmas Village Mother Voz. Curtametraxe 1995 Citizen X Mrs. Burakova 1995 Sense and Sensibility Charlotte Jennings Palmer 1996 Twelfth Night: Or What You Will Maria 1996 The Snow Queen's RevengeVoz 1997 Remember Me? Lorna 1997 The Ugly Duckling Scruffy Voz 1998 Shakespeare in Love Nurse 2000 Chicken Run BuntyVoz 2000 Rat Conchita 2000 Jack and the Beanstalk DillyVoz 2000 Victoria Wood With All The Trimmings Mrs. June Cottisloe 2001 Another Life Ethel Graydon 2001 Crush Janine 2002 Ready Naomi 2003 The Virgin of Liverpool Sylvia, Conlon 2003 Bright Young Things Lady Brown 2003 Blackball Bridget 2003 I'll Be There Dr. Bridget Jackens 2004 Vera Drake Vera Drake BAFTA á mellor actrizBIFA Award á mellor actrizPremio do Cinema Europeo á mellor actrizLondon Film Critics Circle Award á mellor actrizLos Angeles Film Critics Association Award á mellor actrizNational Society of Film Critics Award á mellor actrizNew York Film Critics Circle Award á mellor actrizCopa VolpiCandidata ao Óscar á mellor actrizCandidata ao Golden Globe Award for Best Actress – Motion Picture DramaCandidata ao Screen Actors Guild Award á mellor actriz 2005 Nanny McPhee Mrs. Joan Blatherwick 2005 A Midsummer Night's Dream Polly 2005 My Family and Other Animals Louisa Durrell (nai) 2006 Shadow Man Ambassador Cochran 2007 Freedom Writers Margaret Campbell 2007 Harry Potter e a Orde do Fénix Dolores Jane Umbridge Candidata ao London Film Critics Circle Award á mellor actriz secundaria británicaCandidata ao Saturn Award á mellor actriz secundaria 2007 How About You Hazel Nightingale 2008 Three and Out Rosemary Cassidy 2008 A Bunch of Amateurs Mary 2009 Taking Woodstock Sonia Teichberg 2010 White Other Lynne McDermott 2010 Alice in Wonderland Tall Flower FacesVoz 2010 Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) Dolores Jane Umbridge 2010 Another Year Janet 2011 The Awakening Maud Hill 2011 Arthur Christmas Margaret ClausVoz 2012 The Pirates! Band of Misfits Raíña Vitoria VozCandidata ao Annie á mellor interpretación de voz 2014 Maleficent Knotgrass 2014 Pride Hefina Headon BIFA Award á mellor actriz secundariaCandidata ao BAFTA á mellor actriz secundaria 2014 Paddington Aunt LucyVoz 2017 Paddington 2 Aunt LucyVoz 2017 Bailando a vida Sandra 2017 The Actor's Apprenticeship Ela mesma Documental 2019 Downton Abbey Maud, Lady Bagshaw 2019 Maleficent: Mistress of Evil Knotgrass 2020 Amulet Sister Claire

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Imelda Staunton in Conversation, filmed BAFTA event, marzo de 2009

Categoría:Nados en Islington Categoría:Nados en 1956 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de voz de Inglaterra Categoría:Ingleses de ascendencia irlandesa