miniatura|Situación de Bisaltia, en Macedonia Na mitoloxía grega, Bisaltes foi un rei de Tracia, epónimo dos Bisaltes, habitantes da rexión de Bisaltia, rexión histórica da antiga Grecia, pertencente ó Reino de Macedonia.

Era fillo de Helios, o Sol, e Xea, a Terra. E tiña unha filla, Teófane.

Poseidón namorouse dela e levouna a unha illa, Crumisa, para afastala dos outros pretendentes que a solicitaban. Para que estes non a atoparan, converteuse en carneiro e transformou a Teófane en ovella. Nesta forma, copulou con ela e procreou un carneiro con pel de ouro. Deste carneiro sacaron a pel que se coñecería despois como o vélaro de ouro, obxectivo da expedición dos Argonautas.

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Homes na mitoloxía grega