Jesús Tato Lens, nado en Santiago de CompostelaOutras fontes afirman que naceu en Vigo. cara a 1859 e finado en Lynhurst (Nova Jersey) o 22 de agosto de 1929, foi xornalista e sindicalista galego.

Traxectoria Emigrou a Cuba cara a 1890. Pasou despois a outros países centroamericanos, ata chegar aos Estados Unidos de América e instalarse en Nova York. Dedicouse ao xornalismo, foi correspondente de Vida Gallega en Nova York,Vida Gallega, 31-7-1910, p. 16. e escribiu para esta revista unha serie de biografías de ricos emigrantes galegos."Los gallegos en New-York", Vida Gallega, 30-4-1910, 15-5-1910 e 30-7-1910. Foi un dos fundadores da Unión Benéfica Española e da casa de Galicia en Nova York,Eco de Galicia, 2-10-1925, p. 24. e delegado da Cruz Vermella Española en Nova York.El Ideal Gallego, 8-11-1928, p. 8.

Foi un líder obreiro.Vida Gallega, 20-10-1927, p. 28 Nos últimos anos da súa vida dedicouse ao ensino da lingua castelá."El entierro del señor Jesús Tato Lens hoy", La Prensa, 24-8-1929, p. 3.

Vida persoal

Casou na Habana con Carmela Pardo Suárez en 1891.El Regional, 7-2-1891, p. 3.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Diáspora galega

Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1929