dereita|conmarco|Na fotografía a regra dos terzos sitúa unha das divisións na liña do horizonte

A regra dos terzos é unha técnica de composición usada na fotografía. Consiste en dividir a foto en 9 cadrados, trazar dúas liñas horizontais e dúas verticais imaxinarias, e situar nos puntos de cruzamento o asunto que se desexa destacar para obter unha foto equilibrada. Os dous terzos da imaxe alcanzan o número 0,666, que se aproxima á lonxitude da sección dourada dun segmento que é 0,618, o número áureo.

alt=Rule-of-thirds.gif|miniatura|Interseccións ou puntos de cruzamento miniatura|Proximidade da regra dos terzos e da reixa do número áureo

Historia

John Thomas Smith escribiu a regra dos terzos por primeira vez en 1797. No seu libro Remarks on Rural Scenery. Smith citou unha obra de Sir Joshua Reynolds de 1783, na que Reynolds discutiu, en termos non cuantificados, o equilibrio entre o escuro e a luz nun cadro. John Thomas Smith continuou entón cunha expansión da idea, e nomeouna a "Regra dos terzos".

Escribindo en 1845, no seu libro Chromatics, George Field sinala que Sir Reynolds dá a proporción 2:1 como regra pola proporción de cores cálidas a frías nunha pintura, atribúe a Smith a expansión desa regra a todas as proporcións, e manifesta certo escepticismo sobre a universalidade de tal regra, polo menos en canto á cor.

A regra virou moi popular en todo o século XX, á vez que houbo fotógrafos e investigadores do mundo da arte que a seguiron a cuestionar (explorando iso mesmo xurdiu o método diagonal), dicindo que non é máis que unha simplificación afeccionada da reixa derivada da proporción áurea (tamén moi popular, mais que tivo tamén moitas extrapolacións indebidas, e moitos detractores).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Composición fotográfica

Ligazóns externas

Titorial sobre o seu uso Explicación simple da técnica Que é e como usala A “regra dos terzos” vs proporción áurea: mitos e lendas

Categoría:Técnicas de pintura