Leila Salazar-López é unha activista polo clima estadounidense e, desde 2015, é a directora executiva da organización sen ánimo de lucro Amazon Watch.

Traxectoria En 1998, graduouse na Universidade de California en Santa Bárbara, cunha Licenciatura en Ciencias Ambientais e Ciencias Políticas. Traballou no campo dos dereitos humanos e o cambio climático durante máis de vinte anos como militante de base e directora de defensa internacional para Amazon Watch, Rainforest Action Network, Global Exchange e Green Corps. Vive en San Francisco, California, co seu esposo e as súas dúas fillas. Identifícase como unha "muller Chicana-Latina orgullosa", e descríbese a si mesma como "unha apaixonada defensora da Nai Terra, a Amazonia, os dereitos dos indíxenas e a xustiza climática".

Como directora executiva de Amazon Watch, lidera a organización co obxectivo de protexer e defender a integridade biocultural e climática da selva amazónica ao asociarse cos pobos indíxenas para protexer os seus dereitos e territorios. Tamén dirixiu Amazon Watch en cooperación con organizacións como Greenpeace, 350.org, Sierra Club, Rainforest Action Network, entre outras, co fin de garantir a responsabilidade social corporativa, o respecto dos dereitos indíxenas e a preservación do ecosistema amazónico. En 2017, Salazar-López apareceu como convidada na retransmisión 24 Hours of Climate Reality, como parte do Climate Reality Project, onde falou sobre a importancia de protexer a rexión amazónica.

Conferencias Salazar-López apareceu en numerosas conferencias para avogar pola rexión da selva amazónica e os seus habitantes indíxenas. Algúns dos seus discursos e presentacións inclúen:

Women Leading Solutions on the Frontline of Climate Change - 29 de abril de 2017, Washington, DC Latinas liderando el cambio para la justicia y soluciones climáticas - 21 de outubro de 2016, Conferencia Nacional de Pioneros, San Rafael, California. Sobre las ruinas de la Amazonía: violencia colonial y resistencia descolonial en las fronteras del cambio climático - 26 de outubro de 2015 na Universidade de California Santa Bárbara, California Amazon: Defender Ríos y Derechos - 19 de marzo, Berkeley, California

Publicacións Salazar-López escribiu e contribuído a unha variedade de artigos que inclúen:

China’s Other Big Export Product: Pollution. Con Paulina Garzón, publicado en The New York Times, 21/7/2017. What China and California have in common – the Amazon? Publicado en The Mercury News, 06/13/2017. ‘The Amazon is Life:’ Q&A with Sheyla Juruna, Indigenous woman warrior from the Brazilian Amazon. Publicado en Earth Island Journal, 10/12/2011.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Amazon Watch.

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Ecoloxistas dos Estados Unidos de América