O contable (en ) é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Gavin O'Connor e escrito por Bill Dubuque. Está protagonizado por Ben Affleck, Anna Kendrick, J. K. Simmons, Jon Bernthal, Cynthia Addai-Robinson, Jeffrey Tambor e John Lithgow. Conta a historia de Christian Wolff, un contable con autismo que gaña a vida desarmando os libros de contas de organizacións criminais e terroristas de todo o mundo que están experimentando malversación interna.

O contable estreouse nos Ánxeles o 10 de outubro de 2016, e posteriormente nos cinemas dos Estados Unidos de América a través de Warner Bros. Pictures o 14 de outubro de 2016. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, recadando 155 millóns de dólares en todo o mundo.

Estreouse en galego o 15 de xullo de 2020 na TVG.

Personaxes

Ben Affleck como Christian "Chris" Wolff Voz da dobraxe galega de Antón Rubal. Seth Lee como Chris mozo Anna Kendrick como Dana Cummings J. K. Simmons como Raymond "Ray" King Voz da dobraxe galega de Luís Iglesia. Jon Bernthal como Braxton Jake Presley como Braxton mozo Cynthia Addai-Robinson como Marybeth Medina Jeffrey Tambor como Francis Silverberg John Lithgow como Lamar Blackburn Voz da dobraxe galega de Tacho González. Jean Smart como Rita Blackburn Andy Umberger como Ed Chilton Alison Wright como Justine Izzy Fenech como Justine mozo Robert C. Treveiler como pai de Chris / “The Colonel” Mary Kraft como nai de Chris Gary Basaraba como Don Fernando Chien como Sorkis

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Gavin O'Connor Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes ambientados en Illinois Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes ambientados en 1989 Categoría:Filmes ambientados en 2016 Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes sobre autismo Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego