Evelyn Mary Booth, nada en 1897 e finada en 1988, foi unha botánica irlandesa, deseñadora dos xardíns Lucy's Wood, e escritora de The Flora of County Carlow. Foi descrita como "unha das botánicas máis queridas e respectadas de Irlanda".

Traxectoria Evelyn naceu en 1897 en Annamoe, Laragh, condado Wicklow, unha de tres fillos de Hilda Mary Hall-Dare e James Erskine Wise Booth. A través do seu pai, Evelyn estaba relacionada con Robert Barton, un signatario do Tratado anglo-irlandés de 1921; e, de Erskine Hamilton Childers, presidente de Irlanda, de 1973 a 1974. E, era neta de Caroline Hall-Dare, fundadora da Escola de Encaixe Newtownbarry.

Evelyn asistiu a un internado en Southbourne, Dorset. De moza, Booth participou en moitos espectáculos de cabalos, incluíndo os da Royal Dublin Society en Ballsbridge. Durante a primeira guerra mundial serviu como condutora de ambulancia da Cruz Vermella en Francia, e como intendenta de hospital durante a segunda guerra mundial. Entre as guerras, Evelyn pasou un tempo na India co seu irmán, o brigadier John Booth e a súa curmá Kathleen Cunningham, a muller do Gobernador da provincia de Northwest Frontier en Peshawar.

Evelyn faleceu na súa casa próxima a Bunclody o 13 de decembro de 1988.

Obra botánica Ao seu regreso a Irlanda, Evelyn asentouse en Lucy's Wood, próxima á cidade de Bunclody. Tiña moitos intereses incluíndo montar dacabalo, pesca con mosca, costura, e a botánica era unha das súas preferencias dominantes. Un exemplo da costura de Booth atópase no Museo Nacional de Irlanda, sector "Vida do país en maio". Nos seus xardíns, planeou e desenvolveu un xardín diverso, que segue sendo un destino turístico hoxe. E completou o xardín con plantas raras, cultivares pouco comúns, e especies silvestres. Unha anemone que Evelyn descubriu nun bosque próximo, Anemone nemorosa, foi nomeada "Lucy's Wood".

Seguindo a un encontro coa botánica Edith Rawlins, Evelyn interesouse na observación e o rexistro de plantas. Desde 1939, foi membro da Sociedade de Flores Silvestres, e empezou a recoller sementes de flores salvaxes nos Condados de Carlow e Wexford, depositando partes da súa colección de espécimes nos Xardíns Botánicos Nacionais de Glasnevin. Ela continuou servindo como a presidenta da Sociedade de Horticultura de Bunclody por varios anos. En 1963, Booth asistiu á reunión inaugural da rama rexional irlandesa da Sociedade Botánica das Illas Británicas, e foi elixida para o seu Comité, ao que serviu durante moitos anos.

Moita da súa obra publicouse no Irish Naturalists' Journal. Tamén contribuíu a varios volumes, incluíndo o Atlas of the British Flora. En 1954, a revista Wild Flower informou que Evelyn rexistrara 584 especies no Condado Wexford, 579 no Condado Carlow, e 584 no Condado de Kilkenny. Os seus intereses estendéronse á fauna tamén, e ademais está considerada unha ecóloga temperá, facendo enquisas de bolboretas, libélulas, paxaros e crustáceos para o Museo de Historia Natural, o Herbario Nacional, e o An Foras Forbartha. A súa máis significativa publicación foi o libro The Flora of County Carlow, publicado en 1979, asistido por Maura Scannell. Seguindo a tradición de Robert Lloyd Praeger, é un inventario de plantas do seu condado, e ese libro foi o primeiro rexistro de flora dun condado irlandés, escrito por unha muller.

Notas

Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados no condado de Wicklow Categoría:Botánicos de Irlanda