Sully (tamén coñecido como Sully: Miracle on the Hudson) é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Clint Eastwood e escrito por Todd Komarnicki, baseado na autobiografía Highest Duty de Chesley "Sully" Sullenberger e Jeffrey Zaslow. Tom Hanks interpreta a Sullenberger, xunto con Aaron Eckhart, Laura Linney, Anna Gunn, Autumn Reeser, Holt McCallany, Jamey Sheridan e Jerry Ferrara nos papeis secundarios. O filme conta a historia real da aterraxe de emerxencia que realizou Sullenberger en xaneiro de 2009 sobre o río Hudson, na cal os 155 pasaxeiros e os membros da tripulación sobreviviron só con feridas leves.

Sully estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 2 de setembro de 2016, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos a través de Warner Bros. o 9 de setembro de 2016. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica e recadou máis de 240 millóns de dólares en todo o mundo, mais xerou controversia pola súa representación ficticia do National Transportation Safety Board (NTSB). O American Film Institute e National Board of Review escollérono como un dos seus mellores dez filmes de 2016, e recibiu un nomeamento ós Premios Óscar á mellor edición de son na 89ª edición dos galardóns.

Estreouse en galego o 8 de xullo de 2020 na TVG. O director de dobraxe foi Celestino Hermida.

Personaxes

Tom Hanks como Chesley "Sully" Sullenberger Voz da dobraxe galega de Andrés Bellas. Blake Jones como Sully (con 16 anos) Aaron Eckhart como Jeff Skiles Laura Linney como Lorraine Sullenberger Mike O'Malley como Charles Porter Anna Gunn como Dr. Elizabeth Davis Jamey Sheridan como Ben Edwards Voz da dobraxe galega de Tacho González. Ann Cusack como Donna Dent Autumn Reeser como Tess Sosa Molly Hagan como Doreen Welsh Jane Gabbert como Sheila Dail Holt McCallany como Mike Cleary Chris Bauer como Larry Rooney Patch Darragh como Patrick Harten Jerry Ferrara como Michael Delaney Max Adler como Jimmy Stefanik Sam Huntington como Jeff Kolodjay Michael Rapaport como Pete the Bartender Wayne Bastrup como Brian Kelly Valerie Mahaffey como Diane Higgins Jeff Kober como L. T. Cook Molly Bernard como Alison

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Clint Eastwood Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes de Malpaso Productions Categoría:Filmes sobre aviación dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes ambientados en 2009 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego