Pedro Rodríguez García, nado en Vigo o 7 de decembro de 1935 e finado na illa da Toxa o 15 de decembro de 1984,La Voz de Galicia, 16-12-1984, p. 36. foi un xornalista galego.

Traxectoria

Fillo de Avelino Rodríguez. Fixo o bacharelato no colexio Mezquita. Cursou estudos de peritos industriais en Vigo, sen chegar a rematalos. Iniciouse como xornalista en El Pueblo Gallego con dezasete anos. Foi un dos iniciadores da emisora La Voz de Vigo. Despois traballou en Información de Alacant e Arriba e foi director adxunto da revista Tiempo. Licenciose en Ciencias da Inormación coa primeira promoción da facultade de Madrid. Foi comentarista político en varios periódicos como ABC, colaborou na revista Gaceta Ilustrada e en Televisión Española, onde realizou entrevistas. Tamén colaborou no programa radiofónico "Protagonistas" de Luis del Olmo e no semanario vigués El Pope.

Morreu dun ataque ao corazón cando estaba na Illa da Toxa (O Grove) para pronunciar nunha conferencia sobre a transición política.El periodista Pedro Rodríguez, muerto de un infarto a los 49 años

Vida persoal Casou coa xornalista Chari Gómez Miranda, e tivo catro fillos, entre eles a presentadora de televisión Belén Rodríguez (1966) e Pedro Rodríguez Gómez (1969-2012), director xeral de Cuarzo Producciones.

Notas

Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes