Liv Strömquist, nada en Lund o 3 de febreiro de 1978, é unha autora de banda deseñada sueca, ademais de locutora e activista política.

Traxectoria Strömquist é a autora dos álbums Hundra procent fett (en galego, "Cento por cento de graxa"), Drift (2007), Einsteins Fru ("A muller de Einstein"), Prins Charles känsla ("o sentimento do príncipe Charles”) onde a partir dunha anécdota, analiza nas parellas heterosexuais normativas o cambio de roles dende o matrimonio de conveniencia á conversión en nai submisa; Ja till Liv (“si á Vida) e A froita do coñecemento (2014). Este último é un ensaio ilustrado sobre a historia cultural da vulva, e como os órganos sexuais femininos por mor de diversas causas hist´roricas, políticas e culturais, foron invisibiliazados.

Strömquist tamén participou como colaboradora habitual en programas de radio e televisión como Tankesmedjan, Hej domstol, Pang Prego, En varg söker sin pod ou Lilla drevet e copresentou dúas tempadas da serie Liv och Horace e Europa xunto con Horace Engdahl, en centros culturais europeos.

En 2017, a antoloxía de debuxos The Night Garden (o xardín nocturno), exhibida en diferentes estacións do Metro de Estocolmo, causou controversia ao representar abertamente a menstruación.

Obra Hundra procent fett. Ordfront/Galago 2005. Drift. Kolik förlag 2007 (xunto con Jan Bielecki). Einsteins fru. Ordfront/Galago 2008. Prins Charles Känsla. Ordfront/Galago 2010. Ja till Liv!. Ordfront/Galago 2011. Månadens moderat Kalender 2013. Ordfront Förlag 2013. Kunskapens frukt. Ordfront/Galago 2014. (Traducida ao galego como A froita do coñecemento, por David. Á. Álvarez Martínez e editada en Catro Ventos Editora 2021). Kära Liv och Caroline. Natur & Kultur 2015 (xunto con Caroline Ringskog Ferrada-Noli). Uppgång & Fall. Ordfront/Galago 2016. Den rödaste rosen slår ut. Ordfront/Galago 2019. Inne i spegelsalen. Norstedts, 2021.

Recoñecementos Adamson Award 2012, premio á mellor debuxante sueco de banda deseñada, ex aequo con Jonas Darnell. EWK Award 2013, premio. En 2016, a Universidade de Malmö , outorgoule un doutormanto honoris causa. En 2020, recibiu o premio Kolla!, na categoría Effekt.

Notas

Categoría:Artistas de Suecia Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Lund Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Feministas de Suecia