Anguis graeca é unha especie de réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos,Anguis graeca Bedriaga, 1881 no ITIS. unha das cinco comprendidas dentro do xénero Anguis.Anguis Linnaeus, 1758 no ITIS.Anguis en The Reptile Database.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1881 polo zoólogo ruso, especializado en réptiles, Jacques von Bedriaga.Anguis graeca Bedriaga, 1881 no GBIF, no seu traballo "Die Amphibien und Reptilien Griechenlands". Bulletin de la Société impériale des naturalistes de Moscou, 56 (1): 242–310 (Ver texto íontegro) e (2): 278-344 (Ver texto íntegro).

Etimoloxías Para a do xénero, ver Anguis.

O epíteto específico, graeca, fai referencia á súa principal área de distribución.

Sinónimo Anguis fragilis var. graeca.Anguis graeca Bedriaga, 1881 no NCBI.

Distribución miniatura|260px|Distribución das especies de Anguis en Grecia (Ver texto completo).

Esta especie distribúese por Grecia e Albania.

Características Anguis graeca é moi semellante a Anguis fragilis (inicialmente Bedriaga describiuna como Anguis fragilis var. graeca). Caracterízase polo seu corpo alongado e sen patas. Ás veces pódese ver na cabeza unha pequena abertura do oído externo. No corpo xeralmente hai de 26 a 28 fileiras lonxitudinais de escamas. Os machos son de cor agrisada, parda clara ou parda avermellada nas partes superiores; algúns espécimes presentan pequenas manchas de cor azul escura no dorso. As femias teñen as partes superiores de cor parda clara, que destaca dos flancos escuros; polo xeral, unha liña escura atravesa lonxitudinalmente o medio do corpo, que tamén pode aparecer como unha fina liña dupla. Os animais inmaturos son moi claros polas partes superiores, e de cor abrancazada ou amarelada pálida, dourada ou gris prateada, e cunha liña central estreita de cor parda amourada; a miúdo hai unha mancha parda escura en forma de lágrima na cabeza.

No norte do Peloponeso, esta especie convive Anguis fragilis, da que se pode distinguir por unha liña lonxitudinal irregular na parte frontal do corpo, a abertura do oído xeralmente non é visíbel desde o exterior e o número de fileiras lonxitudinais de escamas é tipicamente menor (24-26).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Glandt, Dieter (2015): Die Amphibien und Reptilien Europas: Alle Arten im Porträt. 2. Wiebelsheim: Quelle & Meyer Verlag. ISBN 978-3-494-01581-1, pp. 329–330.

Outros artigos Ánguidos Anguis

Categoría:Saurópsidos Categoría:Réptiles de Europa Categoría:Animais descritos en 1881