Gregg Wesley Toland, nado en Charleston, Illinois, o 29 de maio de 1904 e finado nos Ánxeles o 28 de setembro de 1948, foi un director de fotografía estadounidense, coñecido polo seu uso innovador da iluminación e técnicas como a profundidade de campo.

En 2003 International Cinematographers Guild votou a Toland como un dos dez directores de fotografía máis influentes da historia xunto con James Wong Howe, Gordon Willis, Sven Nykvist, Vittorio Storaro e Vilmos Zsigmond.

Traxectoria Toland naceu en Charleston, Illinois, fillo de Jennie, unha ama de chaves, e Frank Toland. A súa nai mudouse a California varios anos despois de que os seus pais se divorciasen en 1910.

Toland demostrou por primeira vez o seu estilo de clarescuro con luz lateral na curtametraxe The Life and Death of 9413: a Hollywood Extra (1928), en que unha das dúas bombillas de 400 W que tiñan dispoñibles se queimou, deixando só unha bombilla para iluminar.

Durante a década de 1930, Toland converteuse no camarógrafo máis novo de Hollywood, mais axiña tamén pasou a ser un dos máis solicitados. Durante un período de sete anos (1936–1942), foi candidato en cinco ocasións ao Óscar á mellor fotografía, gañándoo por Wuthering Heights. Traballou con moitos dos grandes directores da época, incluídos John Ford, Howard Hawks, Erich von Stroheim, King Vidor, Orson Welles e William Wyler.

Dous dos seus traballados máis destacados foron The Long Voyage Home e Cidadán Kane. En ambos os filmes, os directores John Ford e Orson Welles acreditaron a Toland en pantalla ao mesmo tempo e no mesmo tamaño que a súa acreditación como directores, un tributo pouco habitual.

Cando Franklin Delano Roosevelt creou a Office of the Coordinator of Information (predecesora da Office of Strategic Services e da Central Intelligence Agency) antes da entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial, Toland foi recrutado para traballar na unidade cinematográfica da axencia.P. 111 in Persico, Joseph E. 2001. Roosevelt's Secret War: FDR and World War II Espionage. Nova York: Random House. 536 pp. Toland foi nomeado tenente no departamento de cámara da mariña, para o que realizou o seu único traballo como director, December 7th: The Movie (1943); este documental sobre o ataque a Pearl Harbor codirixido por John Ford é tan realista que foi tomado por imaxes reais do ataque. A versión de 20 minutos do filme (orixinalmente, de 82 minutos) gañou o Óscar á mellor curtametraxe documental.

Toland faleceu mentres durmía o 28 de setembro de 1948, por mor dunha trombose coronaria aos 44 anos. Está enterrado no Hollywood Forever Cemetery de Hollywood, California.

Filmografía Ano Título Director Notas1928 The Life and Death of 9413: A Hollywood Extra Robert FloreySlavko Vorkapić codirector de fotografía con Paul Ivano1929 Queen Kelly Erich Von Stroheim sen acreditardirector de fotografía do final europeo dirixido por Richard Boleslawski1929 The Trespasser Edmund Goulding codirector de fotografía con George Barnes1929 Bulldog Drummond F. Richard Jones 1929 This Is Heaven Alfred Santell1929 Condemned Wesley Ruggles1930 Raffles George Fitzmaurice1930 Whoopee! Thornton Freeland codirector de fotografía con Lee Garmes e Ray Rennahan1930 The Devil to Pay! George Fitzmaurice codirector de fotografía con George Barnes1931 Indiscreet Leo McCarey codirector de fotografía con Ray June1931 One Heavenly Night George Fitzmaurice codirector de fotografía con George Barnes1931 Street Scene King Vidor1931 Palmy Days A. Edward Sutherland 1931 The Unholy Garden George Fitzmaurice 1931 Tonight or Never Mervyn LeRoy 1932 Play-Girl Ray Enright 1932 Man Wanted William Dieterle 1932 The Tenderfoot Ray Enright 1932 The Washington Masquerade Charles Brabin 1932 The Kid from Spain Leo McCarey 1933 The Masquerader Richard Wallace 1933 The Nuisance Jack Conway 1933 Tugboat Annie Mervyn LeRoy 1933 Roman Scandals Frank Tuttle 1934 Nana Dorothy ArznerGeorge Fitzmaurice 1934 Lazy River George B. Seitz 1934 We Live Again Rouben Mamoulian 1934 Forsaking All Others W. S. Van Dyke 1935 Les Misérables Richard Boleslawski 1935 Public Hero No. 1 J. Walter Ruben 1935 The Dark Angel Sidney Franklin 1935 Splendor Elliott Nugent 1935 Mad Love Karl Freund 1935 The Wedding Night King Vidor 1936 Camiño da gloria Howard Hawks 1936 These Three William Wyler 1936 Come and Get It Howard HawksWilliam Wyler codirector de fotografía con Rudolph Maté1936 Beloved Enemy H. C. Potter 1937 History Is Made at Night Frank Borzage codirector de fotografía con David Abel1937 Woman Chases Man John G. Blystone 1937 Rúa sen saída William Wyler 1938 The Goldwyn Follies George Marshall 1938 Kidnapped Alfred L. Werker 1938 The Cowboy and the Lady H. C. Potter 1939 Intermezzo Gregory Ratoff 1939 Cumes borrascosos William Wyler 1939 Raffles Sam Wood 1939 They Shall Have Music Archie Mayo 1940 As uvas da ira John Ford 1940 The Long Voyage Home 1940 O forasteiro William Wyler 1940 The Outlaw Howard Hughes estreado en 19431941 Cidadán Kane Orson Welles 1941 A loba William Wyler 1941 Bóla de fogo Howard Hawks 1943 December 7th: The Movie Gregg TolandJohn Ford codirector e director de fotografía1946 Os mellores anos da nosa vida William Wyler 1946 Song of the South Harve Foster 1946 The Kid from Brooklyn Norman Z. McLeod 1947 The Bishop's Wife Henry Koster 1948 A Song is Born Howard Hawks 1948 Enchantment Irving Reis

Premios e candidaturas Premios Óscar Ano Categoría Filme Resultado Ref.1935 Mellor fotografía Les Misérables 1937 Mellor fotografía Dead End 1939 Mellor fotografía en branco e negro Wuthering Heights Intermezzo: A Love Story 1940 The Long Voyage Home 1941 Cidadán Kane 1943 Mellor curtametraxe documental December 7th: The Movie

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Internet Encyclopedia of Cinematographers The Motion Picture Cameraman article written by Toland

Categoría:Nados en Illinois Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Personalidades do cinema dos Estados Unidos de América