Soil Moisture Active Passive ou SMAP é un satélite artificial do JPL da NASA lanzado o 31 de xaneiro de 2015 a bordo dun Delta 730 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.

Características A misión de SMAP é estudar a humidade do solo da Terra mediante un radiómetro e radar. As medicións de humidade son necesarias para mellorar e comprender os ciclos do auga rexionais, a produtividade dos ecosistemas e a relación entre os ciclos da auga, do carbono e da enerxía na biosfera terrestre. Ademais as medicións de alta resolución da humidade melloran a precisión dos prognósticos meteorolóxicos, as previsións de inundacións e axudan na mellora da produtividade agrícola.

SMAP leva a bordo un radiómetro e un radar en banda L cun reflector de 6 m de diámetro cunha resolución de entre 1 e 3 km. O 7 de xullo de 2015 unha avaría no radar deixouno fóra de servizo, polo que o satélite só obtén datos co radiómetro.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delta 7320

Categoría:Satélites artificiais