O rugby é un deporte que formou parte do programa olímpico oficial en catro das sete primeiras edicións, se ben só o fixo na categoría masculina. O deporte debutou nos Xogos de París de 1900, incluíndose con posterioridade nos Xogos de Londres de 1908, nos Xogos de Antuerpen de 1920 e nos Xogos de París de 1924. Pouco despois destes últimos, o Comité Olímpico Internacional (COI) excluíu o rugby como deporte olímpico. Dende ese momento foron numerosos os intentos de incluílo de novo no programa olímpico, feito que se materializou o 9 de outubro de 2009, cando a inclusión do rugby a sete para os Xogos Olímpicos de 2016 e 2020 foi aprobada polos membros do COI no congreso anual celebrado na cidade de Copenhague.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Rugby a 7 nos Xogos Olímpicos Ligazóns externas Resultados do rugby

Categoría:Rugby nos Xogos Olímpicos