Hiroko Oyamada, 小山田 浩子, Oyamada Hiroko, nada en Hiroshima o 2 de novembro de 1983, é unha escritora xaponesa. Gañou o Premio Shincho para escritores noveis, o Premio Oda Sakunosuke e o Premio Akutagawa.

Traxectoria Naceu en Hiroshima e permaneceu alí durante a súa etapa escolar, até se graduar pola Universidade de Hiroshima en Literatura Xaponesa. Tras a súa graduación, Oyamada cambiou de traballo tres veces en cinco anos, unha experiencia que lle serviu de inspiración para a súa primeira obra, "Kōjō" (Fábrica), que recibiu o Premio Shincho para escritores noveis en 2010. Despois de publicar a súa primeira obra, Oyamada pasou a traballar a tempo parcial nunha revista local, mais deixou o seu posto tras casar cun compañeiro de traballo.

En 2013, gañou o 30º Premio Oda Sakunosuke por unha colección de relatos que tiñan a "Kōjō" como historia principal. Nese mesmo ano, Oyamada publica na revista literaria Shinchō unha novela curta titulada Ana (Buraco) sobre unha muller que cae dentro dun buraco. A obra Ana foi galardoada co 150º Premio Akutagawa. Unha integrante do xurado, a autora Hiromi Kawakami, eloxiou a habilidade de Oyamada para escribir sobre "fantasía nunha contorna realista". En 2018 foi publicado o terceiro libro de Oyamada, unha colección de relatos titulada Niwa (Xardín) baixo a editorial Shinchosha.

Unha edición en inglés de Kōjō, traducida por David Boyd, publicouse baixo o título The Factory en 2019, pola editorial New Directions Publishing.

Citou a Franz Kafka e a Mario Vargas Llosa como os seus referentes literarios.

Vida persoal Vive en Hiroshima, co seu marido e filla.

Recoñecementos

2010: Premio Shincho para escritores noveis (42º) 2013: Premio Oda Sakunosuke (30º) 2014: Premio Akutagawa (150º, 2º semestre de 2013)

Obras

En xaponés

Kōjō (Fábrica), Shinchosha, 2013,   Ana (Buraco), Shinchosha, 2014,    Niwa (Xardín), Shinchosha, 2018,   

Traducións ao inglés

"Spider Lilies", trad. Juliet Winters Carpenter, Granta 127, 2014 "The Factory", trad. David Boyd, New Directions, 2019.   

Notas

Categoría:Nados en Hiroshima Categoría:Nados en 1983 Categoría:Escritores do Xapón