Yann Arthus-Bertrand, nado o 13 de marzo de 1946 en París, é un activista ambiental e social, divulgador científico, director de documentais e fotógrafo francés.

A súa especialidade era a fotografía de animais, especialmente despois de estar en Kenya na reserva Masai Mara, rexión do Serengueti, pero máis tarde cambiou á fotografía aérea. Publicou máis de 60 libros coas súas fotografías tomadas desde helicópteros e globos aerostáticos en todas partes do mundo. A revista National Geographic publicou moitas veces as súas obras, que foron exhibidas en varios países.

Arthus-Bertrand é membro da "Académie deas Beaux-Arts de l'Institut de France".

Traballos

miniatura|300x300px|esquerda|Exposición «Alive», en Praga.

Unha das súas fotos máis coñecidas é a dun mangleiro con forma de corazón en Nova Caledonia, que foi utilizada como portada para os seus libros The Earth from the air e The Earth from above.

En 2003, xunto a Baptiste Rouget-Luchaire e Sibylle d'Orgeval, iniciou o proxecto «6 mil millóns de Outros», 6 milliards d'autres en francés. Trátase de entrevistas realizadas a persoas de calquera clase social en diferentes países, que logo se presentan organizadas por temas. As preguntas son puntuais e refírense a temas compartidos por toda a humanidade: que é o amor?, que significa a guerra? que é a felicidade? En total, fixeron cinco mil entrevistas en setenta e cinco países, en idiomas diferentes, pero as curtas aparecen mangleiroas.

En 2008, presentou a exposición «Alive», na Praza da República de Praga, desde o 11 de xuño até o 30 de setembro. O tema foi claramente ecoloxista, apuntando cara ao desenvolvemento sustentable.

O 5 de xuño de 2009 estreou unha película chamada Home, cunha colección de fotos totalmente impresionantes, a cal trata sobre concienciar á poboación mundial dos problemas ecolóxicos e a rápida escaseza dos recursos naturais. Para que esta película fose difundida o máis amplamente posible, tiña que ser gratuíta. Un mecenas, o grupo PPR, permitiu que o fose. Europacorp, que a distribúe, comprometeuse en non ter ningún beneficio, porque Home non ten ningún interese comercial. O seu propósito principal é evitar esgotar os recursos naturais e impedir unha evolución catastrófica do clima da Terra. Tras "Home" lanzou "Planet Ocean", unha serie de documentais ao estilo de " 6000 Millóns de Outros" baixo o título de "Human", e recentemente lanzou "Terra" en colaboración con outro director. Premios

Commandeur de la Légion d'honneur‎ (2021, Lexión de Honra, Francia) Commandeur de l'ordre national du Mérite (2016, Orde nacional do Mérito, Francia)

Películas

2004: A terra, vista do ceo 2009: Home 2010: París, vista do ceo 2012: Planeta Océano 2013: Metz e o seu país, vista do ceo 2015: Human 2016: "Terra" 2019: “Woman”

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Sitio oficial de «6 mil millóns de Outros» Sitio oficial de «Earth from above» Sitio oficial de «Earth from the air» Sitio oficial de «Home»

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1946 Categoría:Personalidades da fotografía Categoría:Cinema Categoría:Documentais Categoría:Ecoloxismo