Francisco Lamas Barreiro, coñecido como Farruco Lamas, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1896 e finado en Buenos Aires en 1980, foi un pintor e político galego.

Traxectoria miniatura|300px|Familia Lamas Barreiro. Ca. 1920. Fillo de Francisco Lamas Salgado. Con oito ou nove anos trasladouse coa familia a Arxentina. A comezos de outubro de 1920 chegou a Ourense para cumprir coas súas obrigas militares e coa intención de continuar os seus estudos pictóricos en Madrid. Entrou en contacto coa Mocedá Galeguista d´Ourense, ingresou na organización e en decembro do ano seguinte inaugurou unha exposición das súas obras no salón da Mocedá. Colaborou coa revista Nós, alentou a creación dunha Liga das Nazós do Norte d´Ibéria, e colaborou con ilustracións para a Editorial Céltiga. Participou na IV Asemblea Nacionalista na que asinou unha proposta con Antón Villar Ponte e Manoel Antonio solicitando “que se decrare a incompatibilidade da filiación nazonalista con calquera outra filiación política”.A IV Asemblea nacionalista 6 (LXX) En 1923 regresou a América, integrouse na delegación arxentina da Irmandade Nazonalista Galega e foi director artístico no seu voceiro Terra. En 1926 participou na creación e primeira etapa de A Fouce. Presidiu a partir de 1930 a Sociedade Nazonalista Pondal. Despois abandonou a militancia política e traballou como director de arte do departamento de publicidade da Paramount Pictures.

Vida persoal Casou con Adela Oliveri, coa que tivo unha filla. Foi cuñado de Ramiro Isla Couto, que estivo casado con Chita Lamas Barreiro, irmá máis nova de Farruco.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1980