Angiolino Giuseppe Pasquale Ventura, nado en Parma o 14 de xullo de 1919 e finado en Saint-Cloud (Altos do Sena) o 22 de outubro de 1987, foi un actor italiano que creceu e traballou en Francia.

Traxectoria Ventura era fillo de Giovanni Ventura e Luisa Borrini.. En 1927 deixou Italia coa súa nai para unirse ao seu pai, que fora traballar como representante de comercio a París varios anos antes. Porén, cando chegaron a Montreuil o 7 de xuño de 1927, a nai e o fillo non atoparon a Giovanni. O pai desaparecera. Posteriormente, Lino Ventura evocou poucas veces e de mala gana o pai ausente.

Por fidelidade ás súas orixes nunca adquiriu a nacionalidade francesa, algo que lle suxeriron moitas veces. Falaba francés sen acento e pola contra expresábase en italiano con certo acento francés. Deixou a escola moi novo e comezou a traballar desde os oito anos. Posteriormente exerceu diferentes oficios: mozo de hotel, mecánico, representante de comercio e empregado de oficina. Non obstante, o máis importante para el foi o deporte e converteuse en loitador profesional. Nesta época coñeceu a Odette Lecomte nunha axencia de viaxes.Sandro Cassati, Lino Ventura, p. 12.

Como conservaba a súa nacionalidade orixinal, alistouse no exército italiano ao comezo da segunda guerra mundial. Desertou cando o réxime fascista colapsou (xullo de 1943) para unirse a Odette en París, coa que casara o 8 de xaneiro de 1942. Ameazado con ser delatado, tivo que agacharse para non ser arrestado polos alemáns, nunha casa que servía como pendello en Baracé (regresou alí despois da guerra e mercou a casa).Sandro Cassati, Lino Ventura, p. 11.

Despois da guerra, comezou unha carreira na loita libre, máis rendible que a loita grecorromana, e participou en pelexas na Salle Wagram e no Cirque d'Hiver onde loitou baixo o nome de Lino Borrini, alias "o foguete italiano". A súa carreira de loita libre alcanzou o seu punto máximo en febreiro de 1950 cando se converteu en campión europeo de peso medio de Italia, mais rematou o 31 de marzo de 1950, cando Henri Cogan (que posteriormente tamén foi actor) o feriu ao lanzalo sobre unhas cadeiras metálicas. A caída deixoulle unha dobre fractura aberta na perna dereita. Despois converteuse en organizador de loitas para unha vintena de loitadores do seu equipo.

En 1953, de xeito totalmente casual, un amigo falou del ao director Jacques Becker, que buscaba un italiano para interpretar un papel con Jean Gabin no seu filme Touchez pas au grisbi. Produciuse o encontro e Becker ofreceulle alí mesmo o papel de Angelo, que nun primeiro momento Ventura rexeitou. Coa estrea do filme, todo o mundo profesional se fixou nel.

Foi inmediatamente adoptado polo cinema, comezando por Jean Gabin, que se converteu nun grande amigo e tamén polo público, grazas á súa soltura e o seu talento natural para a interpretación, que facían del o actor ideal para os filmes de cinema negro, como delicuente ou como policía duro mais de gran corazón. Sen estudar nunca arte dramática, ascendeu rapidamente na industria. Primeiro foi actor secundario e despois accedeu aos protagonistas, afinándose a súa interpretación. Converteuse nun membro destacado do cinema francés e continuou a ser recoñecido como un dos grandes actores. miniatura|150px|Tumba de Lino Ventura. Faleceu aos 68 anos dun ataque ao corazón tras 34 anos de carreira cinematográfica e 75 filmes. Foi enterrado no cemiterio Le Val-Saint-Germain (Essonne).

Vida persoal En 1942 casou con Odette Lecomte, o seu amor de mocidade, con quen tivo catro fillos: Mylène (1946-1998, finada nun accidente aéreo), Laurent (1950), Linda (1958) e Clelia (1961). Odette faleceu en Trélazé o 15 de maio de 2013. Pouco presente na súa familia por mor das xiras que encadeaba, dedicáballes sempre o mes de xullo, que pasaban en Cap Ferret (Gironde).

Linda, vítima dun problema ao nacer, tiña unha discapacidade. Ao descubriren a falla de estruturas de apoio e de acollida para nenos con discapacidade, Lino e Odette crearon en 1966, a organización benéfica Perce-Neige, que se converteu en fundación en maio de 2016, en Saint-Cloud, onde vivían, para prestar apoio ás asociacións existentes que traballaban no campo da discapacidade e para concienciar as autoridades públicas sobre as necesidades dos nenos con discapacidade e as súas familias.

Filmografía Ano Título Personaxe Director Notas 1954 Touchez pas au grisbi Angelo Fraiser Jacques Becker 1955 Razzia sur la chnouf Roger "the Catalan“ Henri Decoin1956 La Loi des rues Mario Ralph Habib Crime et Châtiment Gustave Messonnier Georges Lampin1957 Le feu aux poudres Legentil Henri Decoin Action immédiate Bérès Maurice Labro Le rouge est mis Pepito Gilles Grangier L'Étrange Monsieur Steve Denis Raymond Bailly Trois jours à vivre Lino Ferrari Gilles Grangier Ces dames préfèrent le mambo Paulo Bernard Borderie1958 Maigret tend un piège Inspector Torrence Jean Delannoy Ascenseur pour l'échafaud Inspector Cherrier Louis Malle Les Amants de Montparnasse Morel Jacques Becker Le Gorille vous salue bien Géo Paquet Bernard Borderie1959 Le fauve est lâché Paul Lamiani Maurice Labro Marie-Octobre Carlo Bernardi Julien Duvivier Sursis pour un Vivant Borcher Victor Merenda Douze heures d'horloge Albert Fourbieux Géza Radványi Un témoin dans la ville Ancelin Édouard Molinaro 125, rue Montmartre Pascal Gilles Grangier Le chemin des écoliers Tiercelin Michel Boisrond1960 Classe tous risques Abel Davos Claude Sautet Mistress of the World Biamonte William Dieterle1961 La ragazza in vetrina Federico Luciano EmmerUn taxi pour Tobrouk Theo Dumas Denys de La Patellière Il giudizio universale Giovanna's father Vittorio De Sica Il re di Poggioreale A gangster Duilio Coletti Les Lions sont lâchés André Challenberg Henri Verneuil1962 Le Bateau d'Émile Émile Bouet Denys de La Patellière Les petits matins the driver Jacqueline Audry Le Diable et les Dix Commandements Garigny Julien Duvivier Episodio "Homicide point ne seras" Carmen di Trastevere Vincenzo Carmine Gallone1963 Die Dreigroschenoper Tiger Brown Wolfgang Staudte Les Tontons flingueurs Fernand Naudin Georges Lautner1964 Cent mille dollars au soleil Hervé Marec Henri Verneuil Llanto por un bandido El Lutos Carlos Saura Le Monocle Rit Jaune Elie's Client Georges Lautner Cameo sen acreditarLes Barbouzes Francis Lagneau Georges Lautner1965 L'Arme à gauche Capt. Jacques Cournot Claude Sautet La Métamorphose des cloportes Alphonse Maréchal Pierre Granier-Deferre Les Grandes Gueules Laurent Robert Enrico1966 Ne nous fâchons pas Antoine Beretto Georges Lautner Avec la peau des autres Pascal Fabre Jacques Deray Le Deuxième Souffle Gustave Minda Jean-Pierre Melville 1967 Les Aventuriers Roland Robert Enrico 1968 Le Rapace Rital José Giovanni1969 O exército das sombras Philippe Gerbier Jean-Pierre Melville Le clan des siciliens Inspector Le Goff Henri Verneuil 1970 Dernier domicile connu Chief inspector Marceau Leonetti José Giovanni1971 Fantasia chez les ploucs Sagamore Noonan Gérard Pirès Boulevard du Rhum Cornelius von Zeelinga Robert Enrico1972 The Valachi Papers Vito Genovese Terence Young A aventura é a aventura Lino Massaro Claude Lelouch1973 Le Silencieux Clément Tibère Claude Pinoteau La Raison du Plus Fou Le deuxième motard François Reichenbach Cameo sen acreditar La bonne année Simon Claude Lelouch Le Far West the prisoner Jacques Brel L'emmerdeur Ralf Milan Edouard Molinaro1974 Three Tough Guys Father Charlie Duccio Tessari La Gifle Jean Douléan Claude Pinoteau1975 La Cage Julien Pierre Granier-Deferre Adieu poulet Inspector Verjeat Pierre Granier-Deferre 1976 Cadaveri eccellenti Inspector Amerigo Rogas Francesco Rosi1978 The Medusa Touch Detective-inspector Brunel Jack Gold Un papillon sur l'épaule Roland Fériaud Jacques Deray 1979 L'Homme en colère Romain Dupre Claude Pinoteau 1980 Les Seducteurs François Quérole Edouard Molinaro (episodio "The French Method") 1981 GaGarde à vue Inspector Antoine Gallien Claude Miller1982 Espion, lève-toi Sébastien Grenier Yves Boisset Les Misérables Jean Valjean Robert Hossein 1983 Le Ruffian Aldo José Giovanni1984 Cento giorni a Palermo General Carlo Dalla Chiesa Giuseppe Ferrara La Septième Cible Bastien Grimaldi Claude Pinoteau La jonque chinoise Claude Bernard-Aubert 1986 Sword of Gideon Papa Michael Anderson Telefilme 1987 La Rumba Un caïd Roger Hanin Cameo sen acreditar

Notas

Véxase tamén Bibliografía Durant, Philippe (1989): Lino Ventura. Bergisch Gladbach: Lübbe. Durieux, Gilles (2001): Lino Ventura. París: Flammarion. Giovanni, José (2002): Mes Grandes Gueules. Fayard. Ventura, Clélia (2003): Lino ou la Gourmandise de la Vie. París: Robert Laffont. Ventura, Odette (1992): Lino. París: Robert Laffont. (see also: External Links) Ventura, Odette (1993): Lino. Weinheim; Berlin: Beltz Quadriga. Ventura, Odette (1997): Lino. París: Robert Laffont. Ventura, Odette (1997): Lino. Guanda "Biblioteca della Pilotta". ISBN Zurhorst, Meinolf / Just, Lothar (1984). Lino Ventura: Seine Filme – Sein Leben. München: Heyne. Ligazóns externas Lino Ventura Asociación Perce Neige pour l'aide à l'enfance inadaptée de Lino Ventura Lino Ventura en stars-portraits Les Premières Rencontres Nationales – Art, Culture et Handicap – Bourges du 19 au 21 octobre 2003

Categoría:Nados en Parma Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Actores de cinema de Italia Categoría:Actores de cinema de Francia Categoría:Loitadores de Italia Categoría:Loitadores de Francia