Syntexis libocedrii é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos sínfitos, a única viva actualmente sa superfamilia dos anaxieloideos e da súa única familia, a dos anaxiélidos, aínda que a familia ten un extenso rexistro fósil no Mesozoico. Esta especie é, polo tanto, un fósil vivente.
Taxonomía Tanto o xénero como a especie foron descitos en 1915 polo entomólogo estadounidense, especializdo nos himenópteros Sievert Allen Rohwer,Syntexis Rohwer, 1915 no ITIS. como integrante da familia dos céfidos, na súa obra "A remarkable new genus of Cephidae" Proceedings of the Entomological Society of Washington 17: 114-117.Syntexis libocedrii Rohwer, 1915 no GBIF. (Aída que despois, en 1925, foi reclasificada na familia dos anaxiélidos por Andrei Vasiliévich Martynov).Robert G. Foottit & Peter H. Adler, eds. (2017): Insect Biodiversity. Science and Society, Volume 1, 2nd Edition. Hoboken, Nova Jersey, USA: Wiley-Blackwell. ISBN 978-1-1189-4553-7.Bisby F. A., Roskov, Y. R., Orrell, T. M., Nicolson D., Paglinawan L. E., Bailly, N., Kirk, P. M., Bourgoin, T., Baillargeon, G. & Ouvrard D. (eds.) (6 de xuño sw 2011): "Species 2000 & ITIS Catalogue of Life: 2011 Annual Checklist". Species 2000: Reading, UK. Consultada o 6 de xuño de 2012.
Características Ten o notábel comportamento de que as femias ovipositan só nas especies dos xéneros Calocedrus, Thuja e Juniperus queimados recentemente, e mesmo a miúdo a madeira aínda está a arder mentres esta avespa pon os ovos, e as larvas desenvólvense na madeira.Schiff, N. M. (2000): "Insects associated with forest fires in Northern California and Oregon". Entomological Society of America meeting. Montreal.
Distribución S. libocedrii encóntrase desde as montañas do centro de California até o sur da Columbia Británica, pero é moi poucas veces visto, excepto polos bombeiros.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Seltmann, Katja Chantre ́(2004): "Building web-based interactive keys to the hymenopteran families and superfamilies" (PDF). College of Agriculture, University of Kentucky. Arquivado do orixinal o 3 de decembro de 2011. Consultado o 6 de xuño de 2021.
Outros artigos Himenópteros Sínfitos Anaxiélidos
Categoría:Symphyta