O campionato do mundo de hóckey sobre xeo 2022 celebrouse en Finlandia entre os días 13 e 29 de maio de 2022. As cidades que acolleron o torneo foron Tampere e Helsinqui. Participaron os mesmos 16 equipos que na edición precedente ao non terse producido ascensos e descensos logo da cancelación das divisións inferiores en 2021, e coa excepción dos equipos de Belarús e Rusia, que foron expulsados do torneo a causa da invasión rusa de Ucraína en febreiro de 2022, que foron substituídos polos combinados de Austria e Francia. A selección de Canadá defendeu o título conquistado en 2021.

A seleccón de Finlandia proclamouse campioa do mundo por cuarta vez na historia logo de derrotar na prórroga (4-3) ao Canadá na final disputada no Nokia Arena de Tampere, co que conseguiu o seu primeiro título na casa e converteuse no primeiro equipo en facelo dende 2013, así como o segundo equipo logo de Suecia en gañar no mesmo ano o ouro olímpico e o mundial. Pola súa banda, a República Checa conseguiu a medalla de bronce logo de vencer aos Estados Unidos na final de consolación (8-4). Pola súa banda, as seleccións de Italia e o Reino Unido finalizaron na derradeira posición dos seus respectivos grupos e descenderon á Primeira División do Campionato do Mundo da IIHF.

O xogador máis valioso da competición foi o porteiro finlandés Juho Olkinuora, mentres que o máximo puntuador foi o checo Roman Červenka (17). Doutra banda, o xogador finlandés Valtteri Filppula converteuse no primeiro xogador do seu país en unirse ao Club do Triplo Ouro.

Antecedentes miniatura|Tranvía publicitando o evento en Pyynikintori, Tampere. A primeira vez que Finlandia acolleu o Campionato do Mundo foi en 1965. Se ben inicialmente o torneo se ía disputar en Helsinqui, as dificultades para ter finalizado o pavillón para a data de inicio da competición levaron a que esta se disputara en Tampere, considerada a capital do hóckey sobre xeo de Finlandia,

A última vez que se xogou un campionato do mundo de hóckey sobre xeo en categoría masculina en Finlandia foi en 2012 e 2013, cando o país organizou o torneo conxuntamente con Suecia, sendo sedes as capitais de ambos países. A última vez que Finlandia acolleu a competición en solitario foi en 2003, que foi tamén a última vez ata 2022 que se xogaron partidos en Tampere.

Considerouse a Belarús e Letonia como posibles sedes. Como ambos países foron seleccionados para acoller o campionato de 2021, a responsabilidade de organizar o torneo en 2022 foi concedida de xeito unánime a Finlandia, que tamén solicitara ser sede da edición de 2021.

Elección da sede miniatura|O daquela denominado UROS Live Arena en construción no centro de Tampere en 2020. En xuño de 2019 a Fedración Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunciou que a sede para o campionato do mundo de 2022 sería a cidade de Tampere, quedando pendente a elección dunha segunda sede. O escenario sería o novo estadio que neses momento estaba en construción na cidade, previsto para inaugurarse en decembro de 2021 como o estadio máis moderno de Europa. miniatura|esquerda|Inicialmente o Hartwall Arena, situado en Pasila (Helsinqui) fora seleccionado como segunda sede do evento. En outubro de 2019 anunciouse que o Hartwall Arena de Helsinqui sería a segunda sede da competición, na que se disputarían todos os partidos dun dos grupos da rolda preliminar e dous partidos de cuartos de final. O estadio da capital finlandesa xa acollera o evento anteriormente en catro ocasións.

Se ben inicialmente a competición ía disputarse no Nokia Arena de Tampere e o Hartwall Arena de Helsinqui, debido á invasión rusa de Ucraína esta última sede mudou ao pertencer á empresa Arena Events Oy, propiedade dos oligarcas rusos Gennadi Timtshenko e Roman Rotenberg dende 2013. Entre as distintas opcións que se valoraron para substituír o pavillón de Pasila estiveron o Espoo Metro Areena (Espoo), que fora a sede do Campionato do Mundo feminino de 2019, o Helsingin jäähalli (Helsinqui), que acollera a competición en catro ocasións anteriormente, e mesmo Hakametsä en Tampere, mais este último foi desbotado ao estar a ocupación hoteleira da cidade completa. Finalmente o estadio da capital, inaugurado en 1966 e cunha capacidade para 8 200 persoas (máis de mil por riba que o estadio de Espoo), foi o seleccionado, acollendo un campionato do mundo por primeira vez dende 1991.

Inicialmente decidiuse que a segunda fase do torneo e os partidos polas medallas disputaranse no novo Nokia Arena de Tampere, que ten unha capacidade lixeiramente superior á do Hartwall Arena de Helsinqui, a decisión mantívose logo de descartar o Hartwall Arena como sede do evento.

Imaxe Logotipo e cores miniatura|esquerda|Pancarta co slogan do campionato do mundo de hóckey sobre xeo 2022, "Making Miracles". O logotipo e o slogan do campionato foron presentados en xaneiro de 2021. O slogan será ”Making miracles” (en galego "Facendo milagres"), mentres que o logotipo consiste en liñas de cores sobre un fondo azul escuro, creadas a partir dos movementos dos xogadores na final de 2019. As cores simbolizan a aurora boreal.

O presidente da república Sauli Niinistö exerceu como patrón do torneo.

Mascota miniatura|Miracleo na Fan Zone de Tampere. En novembro de 2021 presentouse a "Miracleo Lion", a mascota do evento, un león coas cores da aurora boreal que animará coas seareiras e seareiros nos estadios, as "Fan Zones" oficiais e diversos eventos antes e durante o campionato. En palabras o secretario xeral do comité de organización, Heikki Hietanen:

Medallas O 21 de xaneiro de 2021 o comité organizador anunciou que deseño das medallas do campionato estivo aberto a todas as persoas que quixeran e sería escollido a través dun concurso. De acordo coas normas do concurso cada participante podería enviar un máximo de dous deseños e o premio contou cunha dotación de 3 000 euros. O 11 de xuño dese mesmo ano anunciouse o deseño gañador das medallas do campionato do mundo, obra de Pauli Maronen, que foi escollido entre uns 70 deseños enviados por persoas de Finlandia, Estonia, o Reino Unido, Nova Zelandia, Rusia, Belarús, Canadá, Eslovaquia, a República Checa, Indonesia e Italia. O deseño de Maronen, de forma octogonal en lugar da habitual forma redonda, amosa nun dos seus lados o Nokia Arena de Tampere, sede principal da competición, e na cara oposta un xogador.

Preparativos Venda de entradas Co obxectivo de que todas as persoas afeccionadas ao hóckey sobre xeo tiveran as mesmas posibilidades de adquirir entradas para os partidos máis populares, as primeiras entradas para o campionato do mundo de 2022 saíron á venda por sorteo cuxa inscrición iniciouse o 2 de setembro de 2021 e finalizou o día 26 dese mesmo mes.

Existiron diversas categorías de entradas, podendo adquirir localidades a partir dos 10 euros para nenas e nenos e 15 euros para adultos nos xogos disputados en Helsinqui. Do mesmo xeito, as familias de catro membros tiñan a posibilidade de asistir os días de dous partidos por 50 euros en Helsinqui e 94 en Tampere, mentres que os días nos que xogou a selección finlandesa puidéronse mercar abonos para o día por 65 euros.

Parte dos ingresos pola venda de entradas serán destinados a proxectos para o desenvolvemento do hóckey sobre xeo finlandés, como ocorreu noutras edicións celebradas no país nórdico na década de 2000.

Transporte A celebración do campionato do mundo alterou o tráfico na cidade de Tampere, onde algunhas liñas de autobús urbano foron alteradas para que as persoas que asistiran ao evento puideran circular de xeito seguro nas inmediacións do Nokia Arena. Algunhas liñas urbanas de Tampere pasaron a ofrecer servizos especiais, mudando os seus códigos de liña, incluíndo "MM" logo do número de liña. As mudanzas tamén afectaron a algúns horarios das liñas

Para facilitar o desprazamento das seareiras e seareiros en transporte público, coas entradas para os partidos podían desprazarse de xeito gratuíto o día do partido correspondente a cada entrada na rede de transporte rexional en colaboración con NYSSE e VR dende as 6 da mañá do día do partido, ata as 4 da mañá do día seguinte mediante a lectura do código de barras da entrada.

Patrocinadores O campionato do mundo contou con numerosas empresas patrocinadoras e socias. As asociacións foron funcionais, polo que cada empresa asociada tiña un papel dentro da organización do torneo. En febreiro de 2021 anunciouse a primeira listaxe de empresas colaboradoras, e no mesmo comunicado anunciouse que o patrocinador principal do evento sería Škoda Auto. A principios de 2022 a organización do campionato anunciou que o Ministerio de Educación e Cultura de Finlandia apoiora, e anunciou tamén a incorporación de novas firmas patrocinadoras á organización do campionato. Finalmente o 6 de abril de 2022 a organización anunciou, logo da incorporación de HMD Global (Nokia) e Puustelli, que a lista de empresas asociadas do comité organizador estaba completa.

Patrocinador principal Patrocinadores oficiais Socios oficiaisŠkoda AutoEngelbert Strauss Kotkamills Liqui Moly Nike Patron

Raiffeisen Bank Crypto.com AJ produkterEezy Grano Hartwall HMD Global (Nokia) Mall of Tripla Moovy

Niemi Palvelut Nocco Puustelli Ramirent Scandic Hotels VR Group

Sedes

20px Tampere20px Helsinqui Nokia Arena Helsingin jäähalli Capacidade: 13 455 Capacidade: 8 200 180px 180px

Equipos

miniatura|Bandeiras dos países participantes no Nokia Arena, Tampere. Todos os equipos participantes na edición de 2021 clasificáronse de xeito automático para o campionato de 2022, xa que os ascensos dende as divisións inferiores da tempada 2021 canceláronse. Con todo, debido á invasión rusa de Ucraína, as seleccións de Belarús (14) e Rusia (3) foron excluídas do campionato, pasando a ocupar o seu lugar as seleccións de Austria e Francia. En legra grosa o equipo anfitrión e entre paréntese a clasificación que cada selección ocupaba na clasificación da IIHF antes do inicio do campionato:

Grupo A Canadá (1) Alemaña (5) Suíza (8) Eslovaquia (9) Dinamarca (12) Kazakhstán (13) Francia (15) Italia (17)Grupo B Finlandia (2) Estados Unidos (4) República Checa (6) Suecia (7) Letonia (10) Noruega (11) Reino Unido (16) Austria (18)

Os equipos deberon presentar os nomes dos xogadores na primeira reunión da dirección do campionato. Cada equipo tivo que inscribir a un máximo de 22 patinadores e tres porteiros, e como mínimo a 15 patinadores e dous porteiros. Esta última cifra é a que os participantes deberon presentar na primeira reunión do directorio, e deberon estar presentes na mesma. O resto de xogadores ata chegar aos 22+3 debían ser presentados para o control de xogadores dúas horas antes do inicio de calquera partido, e puideron ser enganados ao longo de todo o torneo ata completar a listaxe.

Dos xogadores convocados podían inscribirse na acta oficial do partido un total de 20 patinadores e dous porteiros, co porteiro de emerxencia esperando por se algún dos inscritos non puidera xogar.

Xuíces O 12 de maio de 2022 anunciouse a lista de 16 árbitros e xuíces de liña para o campionato:

Formato de competición Fases do campionato Os 16 equipos dividíronse en dous grupos de oito equipos cada un para a rolda preliminar, na que xogaron unha liguiña de todos contra todos na que os catro mellores equipos se clasificaron para a fase final, mentres que os clasificados nos postos quinto a sétimo finalizaron a súa participación no campionato e clasificáronse para o campionato do ano seguinte, e os equipos que finalizaron na oitava posición descenderon á Primeira División na seguinte tempada.