Os profesionais (en ) é un filme estadounidense de 1966 escrito, producido e dirixido por Richard Brooks e protagonizado por Burt Lancaster, Lee Marvin, Robert Ryan e Claudia Cardinale, xunto con Jack Palance, Ralph Bellamy, e Woody Strode nos papeis secundarios. O guión foi adaptado dende a novela de 1964 A Mule for the Marquesa, de Frank O'Rourke. Recibiu tres nomeamentos ós Premios Óscar na 39ª edición dos premios, ademais dunha entusiasta acollida por parte da crítica.
Estreouse en galego o 21 de decembro de 1991 a través da TVG.La Voz de Galicia, 21 de decembro de 1991. Páx. 74
Personaxes Burt Lancaster como Bill Dolworth Lee Marvin como Henry "Rico" Fardan Claudia Cardinale como Maria Grant Robert Ryan como Hans Ehrengard Woody Strode como Jake Sharp Jack Palance como Jesus Raza Ralph Bellamy como Joe Grant Joe De Santis como Ortega Rafael Bertrand como Fierro
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1966 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Richard Brooks Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes ambientados en México Categoría:Filmes sobre secuestros Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de 1966 con versión en galego