Paula Ribó González, nada en Barcelona o 30 de abril de 1990, coñecida tamén polo seu alcume Rigoberta Bandini, é unha cantante, actriz de dobraxe e escritora catalá. Foi premiada cun Premio Goya á mellor canción orixinal polo tema Yo solo quiero amor do filme Te estoy amando locamente.
Comezou a súa carreira profesional dende nena como actriz de dobraxe na serie de animación Caillou. Tamén é coñecida por ser a voz de actrices como Emma Stone, Dakota Fanning o Shailene Woodley.
Graduouse no 2011 no Instituto do Teatro. Máis tarde formou xunto a dúas amigas un grupo de música chamado The Mamzelles.
Traxectoria Aos nove anos comezou a compoñer cancións e tamén a aprender a tocar a guitarra, creando as súas propias melodías. Como actriz de voz, en 1999 deu voz a Princess Dot en A Bug's Life e en 2013, Anna de Arendelle en Frozen, en lingua catalá. Tamén puxo a voz de Chihiro ou Caillou, en castelán. En 2011 creou o grupo The Mamzelles, xunto con Paula Malia e Bàrbara Mestanza. Dirixiu obras na Sala Barts ou no Espai Brossa e publicou unha novela próxima á autoficción titulada Vértigo.
En 2020 lanzou as súas primeiras cancións como Rigoberta Bandini, Too Many Drugs e In Spain We Call It Soledad, que se fixo viral en Spotify, mesturando inglés e español, terrenalidade e espiritualidade, danza electrónica e canción clásica. Tamén publicou Que Cristo baje coa colaboración do director neoiorquino Jason Trucco para a produción do videoclip. A mediados de 2020, xusto despois do nacemento do seu fillo, publicou unha versión de Cuando tu nazcas, de Mocedades. En 2021, na gala dos XIII Premios Gaudí, reinterpretou en directo "Qualsevol nit pot sortit el sol" de Jaume Sisa. O 10 de decembro do mesmo ano foi anunciada como unha dos 14 seleccionados para formar parte da primeira edición do Benidorm Fest, que se celebrou na cidade homónima do 26 ó 29 de xaneiro de 2022, e no que se presentaba coa canción "Ay Mamá" para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2022 en Turín. Finalmente a súa canción quedou no segundo posto detrás de "SloMo" de Chanel.
Discografía Sinxelos Sinxelos como artista principal Too Many Drugs (2020) Que Cristo Baje (2020) In Spain We Call it Soledad (2020) Perra (2021) The FUCK FUCK FUCK POEM (2021)
Sinxelos como artista convidada Se Va (2021) (con Delaporte)
Sinxelos promocionais Fiesta (2020) Cuando tu nazcas (2020)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Rigoberta Bandini reclama o novo sinxelo "Perra", en directo en TV3 Preguntes Frecuents (6 de febreiro de 2021).
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Actores de voz de Cataluña Categoría:Cantantes de Cataluña