miniatura|Hannes Meyer inspeccionando o chan da escola federal ADGB en Bernau (1928). Hannes Meyer, nado o 18 de novembro de 1889 en Basilea e finado o 19 de xullo de 1954 en Lugano, foi un arquitecto e urbanista suízo. Dirixiu a Bauhaus de Dessau (a segunda etapa da escola) de 1928 a 1930, e hoxe é considerado un dos seus membros máis influentes.

Comezou a súa carreira en Basilea e Berlín, antes de que o fundador da Bauhaus, Walter Gropius, o chamase para facerse cargo da dirección da institución. Durante o seu mandato deseñou a escola federal da Confederación Xeral Sindical Alemá en Bernau e os edificios chamados (casa con acceso ó balcón) en Dessau. Sempre desde postulados moi politizados, Hannes Meyer teorizou e desenvolveu unha concepción da arquitectura e o urbanismo fortemente influenciados polo marxismo, tanto nos seus aspectos filosóficos, de formular o deseño como tese, antítese e síntese, como nos seus fins, xa que os beneficios do deseño de produto (sexa arquitectónico ou calquera tipo de deseño industrial) deben reverter na sociedade, filosofía que se estendeu a toda a Bauhaus. As súas posicións políticas levaron ao seu cesamento da escola, sendo substituído por Mies van der Rohe, quen era veterano da Primeira guerra mundial (a Bauhaus foi fechada igualmente polos nazis, estando baixo a dirección de Mies). Meyer exiliouse logo na Unión Soviética, e uns anos despois en México, onde dirixiu programas de urbanismo.

O papel de Hannes Meyer na historia da Bauhaus foi minimizado durante moito tempo, posibelmente debido ás súas posicións marxistas, especialmente logo de que Mies van der Rohe tratase de "despolitizar" a escola para, infrutuosamente, evitar o seu peche polos nazis, que finalmente se produciu en 1933. Meyer tamén foi alcumado o director descoñecido da Bauhaus.

Traxectoria Mocidade e comezos como arquitecto Hannes Meyer naceu en 1889 en Basilea, Suíza. O seu pai era arquitecto. Na súa mocidade formouse como albanel e debuxante en Basilea, traballou en Berlín cos arquitectos Albert Frölich e Johann Emil Schaudt, para despois ingresar na escola de artes aplicadas da cidade. Tamén recibía clases nocturnas na Academia Agrícola sobre reforma agraria e economía, co obxectivo de responder ás preguntas sociais e políticas que comezaban a preocupalo. En 1912 marchou a Bath, Inglaterra, onde entrou en contacto co movemento da cidade xardín de Ebenezer Howard, sobre todo visitando a cidade xardín de Letchworth. Estuda a construción de vivendas en vilas industriais, por exemplo en Port Sunlight, tamén deseñado por Howard. Regresou a Suíza en 1914 e xogou un papel importante no movemento cooperativo. En 1916, converteuse en director de oficina do arquitecto de Múnic, Georg Metzendorf, para quen traballou na planificación da urbanización Krupp Margarethenhöhe en Essen.dereita|miniatura| Urbanización Freidorf en Muttenz . En 1919, Hannes Meyer dirixiu a súa oficina de arquitectura en Basilea, Suíza. Ligouse ao pensamento marxista por esta data. De 1919 a 1921, o arquitecto deseñou a urbanización en Muttenz no cantón de Basilea. En 1923 cofundou a revista de arquitectura ABC Beiträge zum Bauen xunto a Hans Schmidt, Mart Stam e Lazar Lissitzky, en Zúric. A filosofía da súa idea do deseño condénsase na seguinte cita:

En 1926, Hannes Meyer uniu forzas co arquitecto suízo Hans Wittwer. O dúo deseñou dous proxectos para concursos: a Petersschulhaus (en galego, escola de san Pedro) de Basilea e o edificio da Sociedade de Nacións en Xenebra, pero non foron seleccionados polos xurados.Droste, Bauhaus-Archiv, p 248 Ámbolos dous proxectos son estritos, inventivos e están baseados nas novas posibilidades do aceiro estrutural pero ningún dos dous foi construído. A Petersschulehaus fora deseñada para ser unha nova escola primaria para pequenas, de xeito que a escola estivese o máis elevada posible do solo para permitir enchela de luz natural e aire fresco.

Director da Bauhaus Hannes Meyer coñeceu ao fundador e director da escola Bauhaus, Walter Gropius, en 1926. O ano seguinte, este, aínda que tivera como primeira opción a Mart Stam, ofreceulle o posto de director da sección de arquitectura do instituto.

O 1 de abril de 1928, sucedeu a Gropius que o nomeou á dirección da Bauhaus. Gropius pediulle que crease unha sección de arquitectura para permitir que os estudantes fosen formados formalmente cun diploma, que até entón faltaba na Bauhaus. Meyer continuou coas innovacións de Gropius para salientar o deseño de prototipos para a produción en serie e cunha arquitectura funcionalista. Posteriormente, Hannes Meyer desautorizou a estética formalista do seu antecesor. polo que o estudo das formas e cores que foran promovidas por Johannes Itten suprimiuse do ensino, aínda que sería retomado máis tarde coa continuación da Bauhaus.

Hannes Meyer deu unha nova dirección á escola e introduciu a súa filosofía funcionalista radical á que denominou, durante 1929, Die neue Baulehre (en galego, o novo xeito de construír). A súa filosofía consistía en que a había ser unha tarefa organizativa sen relación coa estética, que os edificios debían ser de baixo custe e deseñados para satisfacer as necesidades sociais.

Organizou a fusión e a desaparición de certos talleres, o que lle permitiu instalar novas máquinas e fomentar o deseño industrial. En canto aos métodos de ensino, expón o seu programa do seguinte xeito: Hannes Meyer, «Letter to Walter Gropius», 16 febreiro de 1927, Getty Center for the History of Art and the Humanities, Bauhaus Correspondence, 870570-1.

Tamén promoveu a normalización de produtos accesibles a todas as clases sociais. Esta preocupación reflíctese no seu lema:

Proxectos miniatura|esquerda| Plano da urbanización Freidorf.miniatura| Residencias de estudantes da Escola Federal de Bernau. Meyer conseguiu os dous proxectos de construción máis importante para a escola, que aínda existen. O primeiro, en 1928, en coordinación coa Oficina de Arquitectura da Bauhaus, deseñou con Wittwer a ADGB, Bundesschule des Allgemeinen Deutschen Gewerkschaftsbundes (en galego, a escola federal da Confederación Xeral Sindical Alemá) en Bernau. Foi o segundo proxecto máis grande despois dos edificios da propia escola da Bauhaus en Dessau. A escola pretendía formar ao futuros dirixentes sindicais en materias como economía, xestión e outras mais só funcionou durante tres anos ata os nazis a confiscaron, durante 1933, para convertela nunha escola de adestramento das SS. O edificio, agora, ten un status de protección histórica e recibiu unha extensa restauración que se completou durante 2007. O proxecto de restauración gañou o premio World Monuments Fund / Knoll Modernism durante 2008.

O outro gran proxecto, que se completou de 1929 a 1930, foi a ampliación da cidade de Törten, nos arredores do distrito de Dessau, que fora deseñada por Gropius. Neste proxecto, deseñáronse cinco edificios de apartamentos denominados (casa con acceso ó balcón). Os apartamentos considéranse edificios "propios" da Bauhaus porque se orixinaron no Departamento de Arquitectura da Bauhaus. Este departamento estivo influído polas teorías de Ludwig Hilberseimer, nomeado director da teoría da construción e do curso de proxección construtiva. Isto caracterízase por un urbanismo cualificado como mestura esquemática e social, que reúne construcións para "pequeno-burgueses" e proletarios como na cidade de .

Despedimento As reformas de Hannes Meyer non foron recibidas de xeito incontestado entre os mestres e profesores da Bauhaus e provocaron moitas saídas entre eles mentres aumentaban a fricción con Gropius, que non perdeu nada do seu poder sobre o Instituto.

Na situación política, cada vez máis conflitiva, da República de Weimar, o alcalde de Dessau acusou a Meyer de permitir que xermolara unha organización estudantil comunista que provocara unha politización da escola que estaba a dar unha mala publicidade, ameazando a súa supervivencia, e que el o favorecera. Como, en 1930, Hannes Meyer afirmara publicamente as súas posicións marxistas, o alcalde destituíno como director da escola acusado de "maquinacións comunistas", pero cun acordo monetario. Na carta aberta de Meyer nun xornal de esquerdas, dúas semanas despois, caracterizou á Bauhaus como "teorías incestuosas (que bloquean) todo acceso ao deseño saudable e orientado á vida ... Como director da Bauhaus, loitei contra o estilo Bauhaus". A seguir, Ludwig Mies van der Rohe sucedeuno como director.

Emigración No outono de 1930, Meyer emigrou á Unión Soviética. Aló, ensinou en WASI, unha academia soviética de arquitectura e enxeñaría civil. Tamén actuou como asesor de proxectos urbanos en Giprogor (o Instituto Soviético para o Desenvolvemento e os Investimentos Urbanos), como parte do primeiro plan quinquenal. A partir de 1931 uníronselle sete dos seus antigos alumnos da Bauhaus. O grupo coñecíase informalmente como Bauhausbrigade (a Brigada Vermella da Bauhaus). Estaba composto por Konrad Püschel, Béla Scheffler, Philipp Tolziner, Tibor Weiner, René Mensch, Antonin Urban e Klaus Meumann.

Participou na reurbanización de Moscova e varias novas cidades. Entre outros, supervisou especialmente a construción e o proxecto urbanístico da capital, a cidade de Birobidzhan, centro administrativo do óblast autónomo xudeu. Meyer non só se ocupou dos edificios (como as casas dos traballadores, o teatro etc.) senón que tamén o fixo do seu deseño interno e do mobiliario.

A partir de 1933, Meyer foi perdendo progresivamente o favor das autoridades estalinistas. Tamén se produciron as primeiras "purgas" dentro da gran comunidade de estranxeiros de Moscova. Polo tanto, en 1936, Meyer mudouse a Xenebra aínda que a súa parella, Margarete Mengel, con nacionalidade alemá, non conseguiu unha visa e tivo que permanecer en Moscova co fillo de ambos e foi arrestada en 1938 e sentenciada a morte, sen xuízo, xunto con moitos outros estranxeiros. A execución por fusilamento produciuse o 20 de agosto de 1938. O fillo, Johannes Mengel (nado o 4 de xaneiro de 1927) sobreviviu nun reformatorio estatal e non soubo da morte violenta na nai ata 1993.miniatura|Publicación na súa época como director da Estampa MexicanaEn 1939, Despois emigrou a Cidade de México invitado polo presidente Lázaro Cárdenas, para traballar para o goberno mexicano. Instalouse no país durante dez anos xunto coa súa nova muller Lena Meyer Bergner, contratado como director no Instituto Politécnico Nacional para ensinar na súa Escola Superior de Enxeñaría e Arquitectura (ESIA), onde dirixiu os cursos de planificación e planificación urbana até 1941. Ao mesmo tempo, entre 1934 e 1941, ocupou o cargo de director do instituto de urbanismo. Porén, atopou pouco apoio político, pois a intelectualidade mexicana estaba a prol da corrente trosquista.

Tamén foi director técnico da Oficina de Proxectos do Ministerio de Traballo onde participou no Plan Lomas de Becerra para 2.000 familias de traballadores en 1942. Nese ano converteuse ademais en director de , a editorial do .

Foi o arquitecto secretario da Comisión de Planificación Hospitalaria do Instituto Mexicano de Seguridade Social en 1943-1944. Por encargo do doutor Gustavo Baz levou a cabo a planificación urbana de Tlalnepantla en 1944. Foi coordinador do CAPFCE onde editou a revista "Construír Escuelas", organizou a fototeca e o arquivo de planos, así como unha exposición itinerante que se presentou no Palacio de Bellas Artes.

En 1949 regresou a Europa e foi até 1952 cando regresou a México por un breve período no que participou no Congreso Nacional de Arquitectos. Finou en Lugano en 1954, cinco anos despois de regresar ao seu país natal.

Legado