A Wchutemás, en ruso: Вхутемáс, acrónimo de Высшие художественно - технические мастерские, «Obradoiros de Ensino Superior da Arte e da Técnica»), tamén transcrito Wchutiemas, Vkhutemas, WChUTEMAS, Vhutemas, Vchutemas, Vjutemás, Vjiutemas, Vkhoutemas, e doutras maneiras, foi unha escola estatal de arte e técnica de Moscova, Rusia, creada en 1920 por decreto do goberno soviético. Os obradoiros foron establecidos por un decreto de Vladímir Lenin coa intención, en palabras do goberno soviético, de «preparar mestres artistas das máis altas cualificacións para a industria, construtores e administradores da educación técnico-profesional».(en ruso) "подготовить художников-мастеров высшей квалификации для промышленности, а также конструкторов и руководителей для профессионально-технического образования" - Собрание узаконений и распоряжений Рабочего и Крестьянского Правительства, 1920, 19 декабря, № 98, ст. 522, с. 540 - Gran Enciclopedia Soviética, Вхутемас A escola tiña 100 membros na planta docente e unha matrícula de 2500 estudantes.Kantor, Sybil Gordon. Alfred H. Barr, Jr., and the Intellectual Origins of the Museum of Modern Art, MIT Press, 2002, ISBN 0-262-61196-1. Wchutemás foi formada pola fusión de dúas escolas: a Escola de Pintura, Escultura e Arquitectura de Moscova e a Escola de Artes Aplicadas Stróganov.Hamilton, George Heard. Painting and Sculpture in Europe, 1880–1940, Yale University Press, 1993, páxina 315, ISBN 0-300-05649-4. Os talleres tiñan facultades artísticas e industriais; na facultade de arte ditábanse cursos de gráfica, escultura e arquitectura, mentres que na industrial ditábanse cursos sobre impresión, téxtiles, cerámica, madeira e metalurxia.(en ruso) Kotovich, T. V. Encyclopedia of the Russian Avantgarde, Minsk: Ekonompress, 2003, páxina 83.
Foi un centro dos tres principais movementos de vangarda na arte e a arquitectura: o construtivismo, o racionalismo e o suprematismo. Nos obradoiros, os docentes e os estudantes transformaron a visión da arte e a realidade co uso de xeometría precisa cunha énfase no espazo, nunha das grandes revolucións na historia da arte.(en ruso) D. Shvedkovsky, Пространство ВХУТЕМАСа, Современный Дом, 2002. Durante 1926, a escola foi reorganizada baixo un novo reitor e o nome foi cambiado de "Talleres" ou "Obradoiros" a "Instituto" (Вхутеин, Высший художественно-технический институт), ou Wchuteín (tamén transcrito Vjuteín). Finalmente e tras dez anos de existencia, foi disolta en 1930, logo de presións internas e políticas. Os docentes, estudantes e a herdanza dispersáronse noutras seis escolas.(en ruso) КАК проект, ШКОЛА МОДЕРНИЗМА. Consultada o 2 de agosto de 2007.
Xurdimento O xurdimento do Wchutemás está rodeado de feitos históricos como a Revolución rusa de outubro de 1917, as reformas e crises da educación artística como consecuencia desta, e os movementos de vangarda artística de principios do século XX.
Contexto histórico político miniatura|353x353px|Capa do catálogo de traballos da Wchutemás, da autoría de El Lissitzky, 1927 En 1918, por iniciativa do Departamento de Arte (IZO), dependente do Comisariado para a Instrución do Pobo ( Narkomprós ), creouse un Programa de arte que propuxo dar unha definición básica á función da arte na sociedade socialista, reorganizar as institucións artísticas, elevando a artesanía á categoría de arte etc. O programa tratou de cubrir a necesidade de establecer Talleres de Estado Libre para substituír as academias (cunha marcada doutrina clásica e rutineira). Así xurdiron os dous talleres gratuítos de Moscova: a Escola Industrial Stroganov e a Escola de Pintura, Escultura e Arquitectura. En 1920 os profesores e estudantes de ambas institucións consideraron a fusión e unificación destas para crear unha escola de artes e oficios. Finalmente, o 29 de novembro de 1920, mediante un decreto asinado por Vladimir Lenin, creáronse os Wchutemás. A nova escola tiña como función formar artistas para a industria e buscar unha saída á crise na educación artística en Rusia e no resto de Europa.
Contexto nas artes plásticas miniatura|423x423px|Composición suprematista de Malevich, estilo influenciador do construtivismo ruso. En 1913 Mikhaíl Lariónov expón o Manifesto do rayonismo, unha síntese do futurismo, o cubismo e o orfismo, no cal reivindica a presenza da luz na composición considerada como unha cuarta dimensión. Xunto coa súa esposa, Natalia Goncharova descompoñen os obxectos en abstractos diagramas de feixes de raios, liberando aos obxectos da realidade física transformándoos en radiación pura.
En 1915 Kazimir Malévich, xunto con Lariónov e Vladímir Mayakovski, publica o Manifesto do suprematismo que «propón a liberación da determinación sensorial, é dicir da experiencia obxectiva; a pintura suprematista de Malévich declárase contra toda deformación do espazo ilimitado que, libre de toda dimensionalidade e mensurabilidade, debe representar a substancia absoluta que é igual ao espírito puro».Thomas, K. Diccionario del arte actual. Barcelona, 1978, Editorial Labor, páxina 191. Malévich consideraba que había que liberar a arte de todo o peso inútil do obxecto, evidenciándose na súa obra co emprego de formas puras como círculos, rectángulos ou triángulos, cores básicas. Así se afastou da pintura figurativa e sentou as bases do neoplasticismo holandés e do construtivismo ruso.
Ao mesmo tempo, pero doutra banda, Vladímir Tatlin expón o construtivismo e Aleksandr Ródchenko o non-obxectivismo, que teñen en común o abandono de todo referente obxectual e a construción dunha nova realidade. A partir da influencia recibida por parte dos collages de Picasso e Braque, Tatlin comeza a facer as súas primeiras obras construtivistas, os contrarrelevos, que consistían en murais abstractos construídos con madeira, perfís de metal, arame etc. Máis tarde, en 1919, estes contrarrelevos perfilarían o deseño do Monumento á Terceira Internacional, considerado a principal obra do construtivismo.
Cando unha fracción dos construtivistas, como Tatlin, Rodchenko e El Lissitzky anuncian a morte da arte e se proclaman produtivistas, adoptan unha posición extrema cunha intención precisa; querendo facer da arte un dos sectores do traballo manual e da produción económica. Tatlin propuxo que o artista plástico participase na produción de artigos utilitarios. Aínda que os suprematistas e construtivistas máis estritos non estaban de acordo, Malevich acabará por adoptar o produtivismo até un certo punto.Le Bot, M. Pintura y anarquismo. Madrid, Ediciones Cátedra, 1979, páxinas 131 y 132.
O Curso Básico miniatura|255x255px|Deseño de vestiario da profesora de "Cor no espazo", Aleksandra Ekster para "Romeu e Xulieta", 1921O curso preliminar básico foi unha parte importante do novo método de ensino que se desenvolveu en Wchutemás, e fíxose obrigatorio para todos os estudantes, independentemente da súa futura especialización. Este baseábase nunha combinación de disciplinas artísticas e científicas. Durante o curso básico, os estudantes tiñan que aprender a linguaxe das formas plásticas, e o cromatismo. O debuxo foi considerado unha base das artes plásticas, e os estudantes investigaban as relacións entre a cor e a forma, así como os principios de composición espacial. Era similar ao curso básico da Bauhaus, no cal todos os estudantes do primeiro ano estaban obrigados a asistir, pero a diferenza deste, deu unha base máis abstracta aos traballos técnicos nos estudos. A principios de 1920 este curso básico constaba dos seguintes elementos:
A máxima influencia das cores (por Lyubov Popova), Forma a través de cor (Aleksandr Osmiorkin), A cor no espazo (Aleksandra Ekster), A cor no plano (Iván Kliun), Construción (Aleksandr Ródchenko), A simultaneidade da forma e a cor (Aleksandr Drevin), O volume no espazo (Nadezhda Udaltsova), Titorías por Vladímir Baránov-RossineRodchenko, Alexander. Experiments for the Future, Museum of Modern Art, 2005, páxina 273, ISBN 0-87070-546-6.
A Facultade de Arte miniatura|255x255px|Edificio que ocupou Wchutemás na rúa Myasnítskaya, 21. Os principais movementos na arte que influíron na educación de Wchutemás foron o construtivismo e o suprematismo, aínda que os alumnos eran o suficientemente versátiles como para caber, ou non, en varios movementos artísticos, e a miúdo, en varios departamentos de ensino e en traballos con diversos medios. A figura líder da arte suprematista, Kazimir Malévich, uniuse ao staff docente de Wchutemás en 1925, con todo o seu grupo UNOVIS, da escola de arte de Vítebsk, que incluíu a El Lissitzky, exhibiron en Wchutemás antes, en 1921.Néret, Gilles. Kazimir Malévich 1878–1935 and suprematism, Taschen, 2003, páxina 93, ISBN 3-8228-1961-1.Clark, T. J. Farewell to an Idea: Episodes from a History of Modernism, Yale University Press, 1999, páxina 268, ISBN 0-300-08910-4. Aínda que o construtivismo aparentemente foi desenvolvido como unha forma de arte na gráfica e escultura, tiña como o seu tema subxacente a arquitectura e a construción. Esta última influencia impregnou a escola. A educación artística en Wchutemás tendía a ser multidisciplinaria, que se deriva das súas orixes como unha fusión entre un colexio de belas artes e unha escola artesanal. Tamén contribúe a isto, a xeneralidade do curso básico, que continuaba aínda despois de que os estudantes se especializaban e complementouse cun profesorado versátil.Curtis, Penelope. Sculpture 1900–1945: After Rodin, Oxford University Press, 1999, páxina 188, ISBN 0-19-284228-5. Wchutemás cultivou mestres multiespecialistas no molde do Renacemento, moitos, con logros na gráfica, a escultura, o deseño de produtos, e a arquitectura.(En ruso.) ЛенДекор.Инфо, Взаимодействие архитектуры и левого изобразительного искусства Había pintores e escultores que adoitaban realizar proxectos relacionados coa arquitectura; os exemplos inclúen a obra de Tatlin, os Architektons de Malévich, e as Construcións Espaciais de Ródchenko.Colquhoun, Alan. Modern Architecture, Oxford University Press, 2002, páxinas 110, 125-126, ISBN 0-19-284226-9. Os artistas trasladábanse entre os departamentos, como Ródchenko, desde o de pintura ao de metalurxia. Gustav Klutsis, quen foi xefe dun taller sobre teoría de cor, tamén se trasladou desde o de pintura e obra escultórica ao de casetas de exposición e quioscos.Tupitsyn, Margarita. The Soviet Photograph, 1924–1937, Yale University Press, 1996, ISBN 0-300-06450-0. El Lissitzky, que se formara como arquitecto, tamén traballou nunha ampla sección transversal de medios tales como gráfica, impresión e deseño de exposicións.Margolin, Victor. The Struggle for Utopia: Rodchenko, Lissitzky, Moholy-Nagy, 1917–1946, University of Chicago Press, 1997, páxinas 4-5, ISBN 0-226-50515-4.
A Facultade Industrial miniatura|256x256px|Teteira e cuncas construtivistas deseñadas por Kazimir Malevich en 1932.