miniatura|dereita|Bandeira de Armenia. dereita|miniatura|400x400px|O concepto moderno da Grande Armenia utilizado pola Federación Revolucionaria Armenia (Dashnaktsutyun) é considerado o exemplo máis prominente do nacionalismo armenio moderno. O nacionalismo armenio é un movemento político que ten a súa orixe no nacionalismo romántico de Mikayel Chamchian (1738–1823) e polo xeral defínese pola creación dunha Armenia unida, libre e independente, formulada pola Causa Armenia (, ou Hye Dat). O espertar nacional armenio desenvolveuse na década de 1880 no contexto do xurdimento de nacionalismos baixo o Imperio Otomán. A Armenia rusa seguiuno con causas significativas. A Igrexa apostólica armenia é unha gran defensora do nacionalismo armenio, con líderes como Khrimian Hayrik, quen dedicou a súa vida ao campesiñado. O estabelecemento da moderna Armenia (1991) e un tecido social armenio cada vez máis complexo diminuíron gradualmente a influencia política de Hay Dat e desviárono cara a un nacionalismo armenio moderno baseado no nacionalismo liberal. Por outra banda, a diáspora armenia ten unha clase de nacionalismo baseado na ameaza da asimilación por enriba das vantaxes económicas.
Véxase tamén
Bibliografía Eduard L. Danielian, "The Historical Background to the Armenian State Political Doctrine," 279-286 in Nicholas Wade, Armenian Perspectives (Surrey, UK, 1997) Ronald Grigor Suny, Looking toward Ararat: Armenia in modern history, Indiana University Press, 1993, . Astourian S.H., 'In search of their forefathers: National identity and the historiography and politics of Armenian and Azerbaijani ethnogeneses' in : Schwartz D.V., Panossian R. (eds.), Nationalism and history: the politics of nation building in post-Soviet Armenia, Azerbaijan and Georgia, University of Toronto Centre for Russian and East European Studies (1994), pp- 41-94.
Categoría:Nacionalismo armenio