Ernesto Atanasio Janeiro, coñecido como O Corcheiro, nado no Carballiño cara a 1915 e finado no mesmo concello o 14 de abril de 1998,La Voz de Galicia, O Carballiño - O Ribeiro, 17-4-1998, p. 4. foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Operario das obras do ferrocarril e militante da CNT. O 23 de xuño de 1931, en protesta pola paralización das obras do ferrocarril, foi un dos destacados participantes na manifestación dos obreiros e veciños do Carballiño que tomou o concello, promulgou o Estado galego e plantou lume á bandeira española.A república galega de 1931 Marchou a Arxentina arribando a Buenos Aires o 8 de outubro de 1931 a bordo do Alcántara,Passenger list of the ship ALCANTARA arriving to Buenos Aires on Oct 08, 1931 e foi membro da Sociedade Nazonalista Pondal.A Fouce, maio de 1935, p. 3. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 retornou a España para combater en Cataluña no exército leal. Nos anos corenta volveu ao Carballiño. Nos anos cincoenta integrouse na Asociación Cultural Avantar, da que chegou a ser presidente. Foi amigo de Manuel María, argallou a publicación do seu libro Cantigueiro do Orcellón. Dende as primeiras eleccións democráticas foi nas listas do BNG no Carballiño.
Notas
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1915
Categoría:Finados en 1998