Karl Wilhelm Feuerbach, nado en Jena o 30 de maio de 1800 e finado en Erlangen o 12 de marzo de 1834, foi un matemático alemán.
Traxectoria miniatura|esquerda|Círculo de Feuerbach Karl Wilhelm Feuerbach era fillo do estudoso xurídico Paul Johann Anselm Ritter von Feuerbach e irmán do filósofo Ludwig Feuerbach. Foi profesor de matemáticas na escola secundaria de Erlangen. Durante os seus estudos converteuse en membro da Landsmannschaft der Ansbacher, foi cofundador da Alten Erlanger Burschenschaft en 1817 e uniuse á Alten Freiburger Burschenschaft en 1820.
En maio de 1824 foi perseguido na Demagogenverfolgung, detido e levado a Múnic. Fixo dous intentos de suicidio mentres estaba detido. En maio de 1825 retiráronse os procesos de investigación contra el e foi liberado ao ser recoñecido inocente. Non obstante, as consecuencias do cárcere foron polo menos unha depresión arredor de 1827.
En 1822 escribiu un pequeno libro de matemáticas destacado especialmente sobre o círculo de nove puntos, agora coñecido como teorema de Feuerbach. En 1827 presentou as coordenadas homoxéneas, de xeito independente a Möbius.
Obras ("Propiedades dalgúns puntos especiais no plano dun triángulo, e varias liñas e figuras determinadas por eses puntos: un tratamento analítico-trigonométrico") Grundriss zu analytischen Untersuchungen der dreyeckigen Pyramide ("Fundamentos da teoría analítica da pirámide triangular")
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Helge Dvorak: Biographisches Lexikon der Deutschen Burschenschaft. Band I: Politiker. Teilband 2: F–H. Winter, Heidelberg 1999, ISBN 3-8253-0809-X, S. 22–23. Moritz Cantor: Karl Wilhelm Feuerbach; Sitzungsberichte der Heidelberger Akademie der Wissenschaften, Mathematisch-Naturwissenschaftliche Klasse, Jg. 1910, Abh. 25; Winter, Heidelberg 1910. Digitalisat Univ. Heidelberg Laura Guggenbuhl: Karl Wilhelm Feuerbach, mathematician. In: Scientific monthly 81 (1955), Band 2, S. 71–76 Volker Hönig: Karl Wilhelm Feuerbach. Sein Leben und sein mathematisches Werk sowie neuere Ergebnisse zum Feuerbachkreis. Vortrag zur Erinnerung an den 200. Geburtstag des Mathematikers am 30. Mai 2000. In: 30 Jahre Verein Feuerbachhaus Speyer e. V.; Schriftenreihe der Stadt Speyer, 13; Stadtverwaltung, Speyer 2004; ; S. 127–158 Darij Grinberg: Karl Wilhelm Feuerbach, sein Kreis und die Dreiecksgeometrie (PDF; 195 kB) Ligazóns externas Feuerbach's Theorem: a Proof Karl Wilhelm Feuerbach: Geometer
Categoría:Nados en Jena Categoría:Nados en 1800 Categoría:Finados en 1834 Categoría:Matemáticos de Alemaña