A ofensa (en ) é un filme británico de 1973 dirixido por Sidney Lumet. Baséase na obra de teatro de 1968 This Story of Yours, de John Hopkins.< Está protagonizado por Sean Connery, no papel do detective Johnson, quen asasina ao sospeitoso de abuso sexual infantil Kenneth Baxter (Ian Bannen) mentres o está a interrogar. O filme explora os variados e agresivos intentos de Johnson de racionalizar o que fixo, revelando os seus verdadeiros motivos para matar ao sospeitoso nunha serie de flashbacks. Trevor Howard e Vivien Merchant aparecen nos papeis secundarios.
Estreouse subtitulado en galego o 2 de marzo de 2014 a través da TVG.
Personaxes Sean Connery como Johnson Trevor Howard como Cartwright Vivien Merchant como Maureen Ian Bannen como Baxter Peter Bowles como Cameron Derek Newark como Jessard Ronald Radd como Lawson John Hallam como Panton Richard Moore como Garrett Anthony Sagar como Hill Maxine Gordon como Janie Hilda Fenemore como muller Rhoda Lewis como muller na escola Cynthia Lund como neno na escola Howard Goorney como Lambert
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1973 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Sidney Lumet Categoría:Filmes sobre violación Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de 1973 con versión en galego