In girum imus nocte et consumimur igni é un filme francés de 1981 dirixido por Guy Debord. É o sexto e derradeiro filme de Debord. A película de 95 minutos describe a sociedade de consumo e a alienación capitalista, poñendo en evidencia a condición de escravos modernos. Ademais de ser un dos filmes máis críticos cara á sociedade moderna, tamén relata algunhas etapas da vida de Debord.
O título en latín é un palíndromo que significa: "Damos voltas na noite e somos consumidos polo lume". Este palíndromo foi utilizado posteriormente por Umberto Eco na súa novela O nome da rosa (1980).
Estreouse subtitulado en galego o 26 de novembro de 2020, no Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña).
Notas
Categoría:Filmes de 1981 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Guy Debord Categoría:Filmes de 1981 con versión en galego