A Escola de gaitas de Ortigueira é unha agrupación folclórica fundada no ano 1975. Foi a primeira banda de gaitas creada en Galiza e a impulsora do nacemento do Festival de Ortigueira.
Traxectoria esquerda|miniatura|Banda da escola de gaitas de Ortigueira na década de 1990 A escola de gaitas naceu o 17 de outubro de 1975 a iniciativa do músico Xabier Garrote Cobelo. A súa idea era crear unha escola que fomentase o interese pola música tradicional galega. Coa escola naceu tamén a banda de gaitas da escola, a primeira agrupación musical galega destas características.
O seu primeiro director da escola foi Xabier Garrote, continuando o seu traballo ou outros membros fundadores da agrupación: César Muíño Fidalgo e Javier Pena Bossa. Desde 2004 dirixe a banda Rodrigo López, ex-compoñente do grupo folk Bágoa da Raíña.
Entre o repertorio da banda de gaitas predominan as composicións tradicionais galegas compiladas en cancioneiros como o Cantigueiro popular de Marcial Valladares Núñez, o Cancioneiro musical de Galicia de Casto Sampedro Folgar ou o Cancioneiro popular galego, de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina. Tamén interpretan pezas de compositores galegos como Suso Vaamonde, Henrique Otero ou Xosé Presedo, e obras compostas especialmente para o grupo como Regueifas da Gaita de Xosé Lois Foxo, Ledicias da Vila Ortegán de Rogelio de Leonardo Bouza, Os garabullos de Ortigueira de Antón Corral ou a Ortigueira Suite de Ernesto Campos.
Festival internacional do mundo celta
miniatura|A banda no festival de Ortigueira de 2017 No ano 1977 a banda de gaitas foi convidada a participar na sétima edición do Festival intercéltico de Lorient, daquela visita naceu a idea de organizaren un evento similar en Ortigueira con protagonismo da música celta e da música tradicional galega. O 30 de xullo de 1978 celebrouse a primeira edición do Festival de Ortigueira, daquela Festival internacional do mundo celta, xestionado e organizado integramente pola Escola de gaitas e que co pequeno orzamento de 6000 euros conseguiu atraer a 9000 persoas. A Escola organizou tamén nas seguintes edicións do festival até a súa suspensión temporal no ano 1987.
Premios e recoñecementos
1978 - 1º premio na primeira edición do Concurso de Gaitas Galegas. Pontevedra 1980 - 1º premio no Concurso de Baile e Música de Galicia de Cambre 1983 - Premi Plaça Major pola Escola Superior de Tecnics en Animacio Socio-Cultural i Turistica de Barcelona. 2003 - Gaita de Prata, Mención Honorífica no premio Constantino Bellón.
Actuacións miniatura|Actuación da banda no Festival de Ortigueira (2017)
Festival de Ortigueira, en todas as súas edicións dende 1978. Festival Intercéltico de Lorient, en tres ocasións: 1977, 1983 e 2010. Concerto con Milladoiro no Parque de Castrelos de Vigo en 1981. Festival de Bandas de Gaitas Villa de Candás, Asturias, en 1997, 1998 e 2004. Festival Internacional de Figueira da Foz, 1999. Festival de musiques du monde de Confolens, 2003. Festival Internacional de Gaitas de Gijón, 2004. VIII Festival Intercéltico de Sendim, 2007. Festival de Bandas de Gaitas Villa de Navia, 2014. X Festival Folk As Portelas; Lubián, 2014. Desfile temático das Festas Patronais de Guadalaxara, 2014. Festival Internacional de Folk de Guecho, 2015. En marzo de 2015 participou no desfile do día de San Patricio en Nova York. Encontro de bandas de Praia de Mira, 2016.
Notas
Véxase tamén
Enlaces externos
40 Anos Escola de Gaitas de Ortigueira. - Youtube
Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira Categoría:Grupos galegos de música tradicional Categoría:Grupos musicais de Galicia