miniatura|250x250px|Blocao Amigó en Cuba. miniatura|250x250px|Soldados españois construíndo un blocao en Benisicar (Marrocos). O blocao (do alemán blockhaus) era unha pequena fortificación, ou casamata, de madeira e sacos de terra, que se desarma e pode transportarse doadamente para armala onde mellor conveña. Un dos primeiros conflitos onde se utilizou foi na Segunda guerra bóer (1899-1902) como parte da estratexia do Imperio británico para eliminar a guerra de guerrillas dos colonos bóer. Resultaron efectivos á hora de obstaculizar os movementos dos guerrilleiros aínda que non podían ser a clave da súa derrota definitiva.

O exército español comezou a empregalos na Guerra de Cuba, pero onde tiveron maior presenza foi na Guerra de Marrocos.

Guerra de Marrocos Os blocaos foron amplamente empregados polas tropas españolas nas campañas do Rif en Marrocos durante o primeiro terzo do século XX. Estaban defendidos por un número reducido de efectivos e constituían posicións avanzadas que protexían, en primeira instancia, os campamentos ciscados polo territorio, nos que se concentraban o groso das unidades e o material militar. Estaban separados, dependendo do terreo, entre 20 a 40 quilómetros.

Este tipo de fortificación era sumamente vulnerable, xa que os seus defensores permanecían illados do resto da tropa, comunicados coas súas unidades unicamente mediante heliógrafos, con provisións limitadas e, xeralmente, con problemas para se abasteceren de auga.

A localización dos blocaos era, ás veces, inaxeitada ao se construíren atendendo a criterios políticos e non militares. Tamén. en ocasións eran os propios nativos quen solicitaban e obtiñan a creación dun blocao no lugar por eles designado, alegando a necesidade de protección fronte a outras cabilas (tribos) hostís á causa española.

O blocao de Dar Hamed, tamén alcumado "Blocao da morte" ou "O Malo", nas abas do monte Gurugú, controlaba a vista sobre Melilla e protagonizou un dos feitos bélicos máis importantes do conflito.

Na arte Literatura Existen varias novelas inspiradas en feitos reais e relacionadas cos blocaos como El blocao. Novela de la guerra marroquí de José Díaz Fernández; Imán de Ramón J. Sender e El nombre de los nuestros de Lorenzo Silva, nas que se poden atopar moitos detalles de como se desenvolvía a vida nos blocaos españois durante a guerra de Marrocos.

Cine O 16 de maio de 2003, estreouse a película "Blocao" dirixida por Pere March Torrandell, inspirada nunha ficción co trasfondo da Guerra de Marrocos con posterioridade ao desastre de Annual.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Guerra do Rif

Ligazóns externas Ficha en FilmAffinity

Categoría:Guerras nas que participou España