Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán é un ensaio de Marilar Aleixandre, bióloga e profesora de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela, e de María López Sández, doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e profesora, publicado en 2021 no marco da colección Feminismos editado pola Editorial Galaxia.
Neste libro as autoras analizan as contribucións ao feminismo de Emilia Pardo Bazán, un tema tratado en varios artigos de investigación pero que non fora obxecto dun ensaio. O libro pon de manifesto a modernidade das ideas de Emilia Pardo Bazán, a súa lucidez e o seu importante papel no femismo.
Foi traducido ao castelán polas propias autoras.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Movendo os marcos do patriarcado en Nós Televisión.
Categoría:Obras feministas escritas Categoría:Ensaio Categoría:2021 Categoría:Emilia Pardo Bazán