Soiuz TMA-08M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 28 de marzo de 2013 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-08M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Christopher Cassidy, Alexander Misurkin e Pavel Vinogradov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave regresou o 11 de setembro de 2013 ás 2:58 GMT.

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-08M estaba formada por Michael S. Hopkins, Oleg Kotov e Sergei Riazanski.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Notas

Categoría:Programa Soiuz