Malasaña 32 é un filme español de terror de 2020 dirixido por Albert Pintó. O guión é obra de Ramón Campos, Gema R. Neira, Salvador S. Molina e David Orea. O filme, ambientado en Madrid durante a transición, conta a historia da familia Olmedo. Está protagonizada por Begoña Vargas, Iván Marcos, Beatriz Segura e Sergio Castellanos.

Sinopse En 1976, en plena Transición española, Manolo e Candela múdanse xunto cos seus tres fillos e o avó dende a súa vila natal até un piso na rúa de Manuela Malasaña, en Madrid, na procura de máis oportunidades. Porén, a familia Olmedo non sabe que na casa que mercaron tamén habita unha escura presenza que lles fará vivir un auténtico pesadelo.

Personaxes Begoña Vargas como Amparo Olmedo Jiménez Iván Marcos como Manuel Olmedo Fernández "Manolo" Beatriz Segura como Candela Jiménez Sergio Castellanos como José Olmedo Jiménez "Pepe" José Luis de Madariaga como Fermín Iván Renedo como Rafael Olmedo Jiménez "Rafita" Concha Velasco como Sra. Maruja Dávalos Javier Botet como Anciá Clara/Esteban Larrañaga, administrador María Ballesteros como Lola Rosa Álvarez como Susana López García Almudena Salort como Clara

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes ambientados en Madrid Categoría:Filmes ambientados en 1976 Categoría:Filmes de terror Categoría:Filmes de Bambú Producciones Categoría:Filmes de Atresmedia Cine