Consuelo Flecha García, nada en Bilbao o 13 de febreiro de 1948, é unha catedrática española. Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade Complutense de Madrid, España, e Catedrática de Historia da educación desde 1998 na Universidade de Sevilla. Desempeña o seu labor docente na Universidade de Sevilla, onde é profesora da Facultade de Ciencias da Educación, impartindo clases de Historia da Educación Contemporánea, e de Desenvolvemento educativo e profesional das Mulleres.http://catedraunesco.ufgd.edu.br/index.php/pesquisador-s-e-projetos/17-professores-estrangeiros/59-consuelo-flecha-garcia . Consultado 21 de febreiro de 2016https://investigacion.us.es/sisius/sis_showpub.php?idpers=1447 Consultado 21 de febreiro de 2016https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=180896 Consultado 21 de febreiro de 2016 AMIT. Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas. La científica del mes. http://www.amit-es.org/index.php?id=94 Consultado 21 de febreiro de 2016

Traxectoria Consuelo Flecha licenciouse en Filosofía e Letras no ano 1970, especializándose na rama de Pedagoxía, na Universidade Complutense de Madrid. Máis tarde (1982), na mesma universidade, doutorouse en Ciencias da Educación.

Entre os anos 1975 e 1981 dedicouse á docencia sendo Profesora Encargada de Curso da Universidade de Sevilla (USE) e profesora Agregada Interina da Universidade de Cádiz. Entre 1981 e 1983 foi profesora Agregada de Escola Universitaria, pasando neste ano, por aplicación da Lei de Reforma Universitaria, a ser Catedrática de Escola Universitaria. Compaxinou este traballo co de Profesora-Titora da UNED (Centro Asociado de Cádiz). Desde 1998 é Catedrática de Universidade, da área de Historia da Educación, na Universidade de Sevilla.

Investigacións Ademais do seu labor docente, Consuelo Flecha García desenvolve proxectos de investigación, formando parte do grupo de investigación "Mulleres, Benestar e Cidadanía" do Departamento de Psicoloxía Experimental da USE, estando as súas investigacións centradas nos procesos educativos das mulleres, ao longo da historia (séculos XIX e XX principalmente) e na actualidade, converténdoa nunha especialista nesta materia na que publicou diversos libros (como “Las primeras universitarias en España”, o “Las mujeres en la legislación educativa española”) e un gran número de artigos.(“Mujeres y Universidad en España y en América Latina”; “Repensar la educación en tiempos de igualdad”; Revista Historia da Educación Latinoamericana, ISSN 0122-7238, Vol. 17, Nº. 24, 2015, exemplar dedicado a: Ofelia Uribe de Acosta; “Mujeres jóvenes y educación: logros y tareas”…).

Tamén realizou tarefas docentes como profesora convidada nalgunhas universidades europeas (en Portugal e en Italia), iberoamericanas (na Arxentina, Chile, Colombia, Cuba e o Perú) e asiáticas (como en Taiwán). Ademais compaxina o seu labor docente coa súa faceta de conferenciante en Congresos e Reunións Científicas tanto a nivel nacional como internacional.

Entre outras institucións forma parte do Seminario Interdisciplinar de Estudios de las Mujeres da Universidade de Sevilla e pertence á Asociación Española de Investigación Histórica de las Mujeres.

O seu labor foi distinguida ao outorgarlle premios como o XII Premio Mujer outorgado polo Concello de Sevilla no ano 2009, e o Premio Meridiana da Xunta de Andalucía, no ano 2012.https://www.youtube.com/watch?v=fXdX8Cd8ZFw

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía en AMIT. Premios Meridiana 2012. Consuelo Flecha García.

Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Científicos de España Categoría:Nados en 1948