Alberto Mediavilla Martínez, nado nas Figueiras (Castropol) en 1922, foi un veterinario e político asturiano.

Traxectoria Veterinario e director do Instituto Laboral de Ribadeo. Militante de Falange Española Tradicionalista y de las JONS dende 1941. Presidente da Hermandad de Labradores y Ganaderos de Ribadeo e delegado local de organizacións do Movimiento. No franquismo foi nomeado alcalde de Ribadeo en febreiro de 1964.El Progreso, 28-2-1964, p. 7. Dimitiu do cargo en xullo de 1966.El Progreso, 20-7-1966, p. 7.

En 1962, foi nomeado director do Centro de Ensinanza Media e Profesional de Ribadeo. Posteriormente, pasou a ser catedrático do mesmo centro, daquela Instituto Carlos María Rodríguez de Valcárcel, e catedrático de Bioloxía da Universidade de Oviedo.

Recoñecementos

Creouse o premio Fin de Carreira da Diplomatura en Maxisterio en Educación Especial Alberto Mediavilla Martínez.

Publicacións Contabilidad agraria aplicada a la explotación vacuna (con M. López Rico, 1993) ISBN 8474687667.

Notas

Categoría:Alcaldes de Ribadeo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Castropol Categoría:Nados en 1922 Categoría:Catedráticos da Universidade de Oviedo