A botella labrada, xeralmente de anís, é un recipiente empregado na música tradicional galega para o acompañamento musical. Como instrumento correspóndelle a categoría de idiófono refregado.
Características
Este tipo de botellas, con relevos na superficie para evitar que escorreguen das mans, apareceron a finais do século XIX. Axiña foron empregadas nas festas populares para o acompañamento rítmico do canto.
A botella sostense cunha man en posición horizontal en tanto que se refrega ritmicamente cun utensilio metálico como a chave da casa ou o mango dun garfo ou culler.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Instrumentos de cociña: Botella de anís - Música Campomaior (2020). Youtube
Categoría:Instrumentos de percusión Categoría:Música tradicional galega