Putten (pronunciación en neerlandés: [ˈpʏtə (n)]) é unha cidade e municipio da provincia de Güeldres, Países Baixos.

Encóntrase na zona costeira do antigo Zuiderzee. Ao leste de Putten encóntrase Veluwe, o parque nacional máis grande dos Países Baixos. Ao norte, leste e oeste, Putten está rodeado de terras de cultivo.

Sitado a unha altitude media de 17 msnm,"Postcodetool for 3881BZ" . Actueel Hoogtebestand Nederland. Het Waterschapshuis. Consultado o 17 de xullo de 2021. o municipio conta cunha extensión de 87,50 km²,"Kerncijfers wijken en buurten 2020". StatLine. CBS. 24 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2021. e no ano 2019 tiña unha poboación de 24 198 habitantes,"Bevolkingsontwikkeling; regio per maand". CBS Statline. 1 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2021. polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 284 hab./km2.

Historia Até a segunda guerra mundial O documento oficial máis antigo no que se menciona a Putten remóntase ao ano 855. Porén, xa existían pequenos asentamentos durante a época romana. Despois da fundación da actual igrexa principal no século X, a comunidade converteuse no centro de varios asentamentos máis pequenos. Partes de Nijkerk e Voorthuizen tamén se convertieron en parte da área de Putten, até que en 1530 Nijkerk, e máis tarde tamén Voorthuizen, transformáronse en comunidades independentes.

Até 1356, cando se constríu un dique, a costa cambiaba con frecuencia, inundando terras agrícolas no oeste de Putten. Porén, a auga seguía sendo unha ameaza e o dique rompeu varias veces. A última gran inundación foi en 1916, cando gran parte de Putten se inundou. Despois de que se construíu o Afsluitdijk no norte dos Países Baixos, o Zuiderzee converteuse nun lago (1927-1933) a xa non representa unha ameaza.

A agricultura sempre foi unha fonte importante de ingresos en Putten. A fabricación de papel tamén foi importante desde os séculos XVII ao XIX. A partir de finais do século XIX comezou o turismo na zona, axudado pola chegada do ferrocarril en 1863. Isto facilitou á xente doutros pobos as vacacións nas pensións que se construíran en Putten. Entre as persoas doutros lugares tamén había pacientes que padecían tuberculose e enfermidades similares, que se beneficianan da luz do sol e do aire limpo, e se recuperaban en varios sanatorios.

Putten sufriu considerabelmente pola violencia militar. Durante os séculos XV, XVI e XVII, Putten foi incendiado polo menos en cinco ocasións.

Segunda guerra mundial Unha das maiores incursións nazis realizadas nos Países Baixos durante a segunda guerra mundial tivo lugar en Putten. Os días 1 e 2 de outubro de 1944, a maioría da poboación masculina foi deportada da vila, e a maioría deles morreron en campos de concentración como Neuengamme e Birkenau. Despois da guerra, dous dos oficiais alemáns responsábeis foron xulgados e condenados por esta acción. As redadas foron unha represalia por un ataque da resistencia local que matou un oficial da Wehrmacht preto de Nijkerk. O 1 e o 2 de outubro conmemóranse todos os anos en Putten. Un monumento de guerra na igrexa de Putten e un xardín conmemorativo (Vrouwtje van Putten Herdenkingshof) conmemoran o suceso e a perda de vidas.

Número total de homes deportados 661 Levados a Amersfoort 59 Deportados a Neuengamme 602 Saltaron do tren no camiño a Neuengamme 13 Chegados a Neuengamme 589 Volveron a Putten despois da liberación 49 Mortos en campos de concentración alemáns 540 Asasinados durante a redada 7 Mortos pouco despois do regreso 5 Númeo total de mortos 552

Galería

Notas

Categoría:Cidades dos Países Baixos