miniatura| O dereito foral ou especial é o ordenamento xurídico civil local ou propio dunha autonomía de España. Coexiste co dereito común estatal, que se aplica de xeito supletorio.

Posúen este dereito só 6 das 17 comunidades autónomas: Aragón, Baleares (con particularidades en cada illa), Cataluña, Galiza, Navarra e o País Vasco (con particularidades segundo o territorio). Así mesmo, está vixente o Foro de Baylío, que se aplica nalgunhas localidades de Estremadura limítrofes con Portugal e na cidade autónoma de Ceuta (de antigo dominio portugués). O País Valenciano, malia ter tido dereitos forais, actualmente non posúe unha regulamentación en vigor a este respecto.

Estes dereitos teñen orixe xeralmente nas cartas de poboamento outorgadas polos reis e señores da Península Ibérica ó fundar poboacións durante a Idade Media. As cartas tiñan como obxectivo principal o ordenamento do territorio e regulaban as condicións xurídicas do asentamento, así como as relacións entre os poboadores e o señor da terra, constituíndo a primeira manifestación da lei local. Co crecemento das localidades e o aumento das relacións entre elas, as cartas de poboamento fóronse unificando en normas xurídicas comúns, que se estabelecían en forma de foros, isto é, un estatuto xurídico aplicábel a un territorio. Con todo, a fonte do dereito tamén pode ser de orixe consuetudinaria, como é o caso de Galiza.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Dereito civil Categoría:Dereito en España Categoría:Dereito en Galicia