Fernando Taboada Zúñiga, nado en Monforte de Lemos en 1894 e finado en Sarria en 1982, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de José Taboada Rodríguez Varela de Temes e Paz Zúñiga Laporte e irmán de José Taboada Zúñiga. Foi nomeado alcalde de Sarria en outubro de 1923. Foi nomeado deputado provincial de Lugo en abril de 1927,El Ideal Gallego, 3-4-1927, p. 2. e elixido vicepresidente da Deputación de Lugo en maio.El Progreso, 3-5-1927, p. 2. Formou parte do Padroado da Misión Biolóxica de Galicia en representación dos agricultores de Sarria.La Voz de Galicia, 20-2-1931, p. 8.. Na República foi elixido concelleiro de Sarria na repetición das eleccións municipais en maio, tomando posesión o 5 de xuño.Concello de Sárria (1931)La proclamación en Sarria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Sarria trala renovación da corporación polo asasinato de Manuel Saco Rivera, tomando posesión o 21 de outubro. Cesou no cargo o 17 de maio de 1939.

Vida persoal

Casou con María de los Ángeles Rivera González de la Rocha (1898-1939) e foi pai de María Teresa, Fernando e José Manuel Taboada Rivera. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Os Concellos de Sárria ( 1820.,,,,)

Genealogía de la Torre-fuerte de la Candaira Retrato de Fernando Taboada de Zúñiga

Categoría:Avogados de Galicia

Categoría:Alcaldes de Sarria Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Monforte de Lemos

Categoría:Nados en 1894

Categoría:Finados en 1982