Dario Calomino, nado o 8 de decembro de 1977 en Verona, é un numismático e arqueólogo Italiano especializado na moeda republicana e imperial romana, e nas emisións provinciais romanas."Dario Calamino. Curriculum vitae ". Università di Verona.
Traxectoria Calomino concluíu o ensino secundario no Liceo Classico Statale Scipione Maffei, de Verona, en 1996; logo graduouse de Estudos Clásicos e Arqueoloxía Clásica na Universidade de Padua, e acadou o mestrado en Arqueoloxía Romana en 2002, cun traballo sobre a romanización do Véneto. Posteriormente doutorouse en Ciencias Históricas e Antropolóxicas na Universidade de Verona en 2009, coa tese sobre as cuñaxes de Nicopolis en Epiro, dirixida por Alfredo Buonopane."Calamino, Dario". En Coins Weekly. 15 de marzo de 2017."Dario Calomino". Academia.edu
Entre 2003 e 2011, Calomino traballou como investigador en diversos museos públicos italianos (Verona, Venecia, Piacenza, Rovereto, Brescia e Roma), estudando e catalogando as súas coleccións de moeda republicana e imperial romana, e de emisións provinciais romanas. Entre 2012 e 2017 ingresou como investigador no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.
Simultaneamente, a partir de 2004 comezou a súa actividade docente como profesor axudante en materia numismática nas universidades de Padua e de Verona, e no departamento de Arqueoloxía do King's College, da Universidade de Londres.
Como arqueólogo, entre outros labores en Libia, Italia e Tunisia, participou en escavacións nos sitios arqueolóxicos-púnico-romanos de Sant'Antioco e Nora (Sardeña), na vila romana de Montegrotto Terme (Padua) e no foro romano de Grumentum (Lucania).
Entre outras entidades asociativas e académicas, Calomino é membro da British Academy e da Royal Numismatic Society, de Londres.
Recoñecementos
(2018): Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society, de Londres."The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos publicados por Dario Calamino ao longo da súa carreira:"Calomino, Dario 1977- ". Digital Library Numis."Calomino, Dario". WorldCat Identities.
(2010). Some hitherto unidentified Roman provincial issues among the coin finds of Nicopolis. Separata de Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society, Londres. (2011). Nicopolis d'Epiro: nuovi studi sulla zecca e sulla produzione monetale. BAR, Oxford. ISBN 9781407307725 (2013). Die-sharing in Moesia Inferior under Gordian III. Separata de Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society, Londres. (2014). Le monete Romane provinciali della collezione De Sanctis Mangelli. Parte 1 (con G. A. Bufalini). Istituto Poligrafico e Zecca Dello Stato, Roma. (2015). Emperor or god?: the posthumous commemoration of Augustus in Rome and the provinces. Separata de Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society, Londres. (2015). Studies in ancient coinage in honour of Andrew Burnett (con Bland, R., eds.). Spink & Son. Londres. ISBN 978-1907427572 (2016). Defacing The Past: Damnation and Desecration in Imperial Rome. British Museum / Spink. Londres. ISBN 978-1907427732
Notas
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Verona Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Historiadores de Italia Categoría:Arqueólogos de Italia Categoría:Galardoados co premio Lhotka Categoría:Alumnos da Universidade de Padua Categoría:Alumnos da Universidade de Verona Categoría:Profesores da Universidade de Padua Categoría:Profesores da Universidade de Verona Categoría:Profesores da Universidade de Londres Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Personalidades sen imaxes