A porta do ceo (en ) é un filme estadounidense de 1980 escrito e dirixido por Michael Cimino. Está protagonizado por Kris Kristofferson, Christopher Walken, Isabelle Huppert, Jeff Bridges, John Hurt, Sam Waterston, Brad Dourif, Joseph Cotten, Geoffrey Lewis, David Mansfield, Richard Masur, Terry O'Quinn, Mickey Rourke, Willem Dafoe e Nicholas Woodeson, estes dous últimos no seus debut nunha longametraxe. Vagamente baseado na guerra do Condado de Johnson, representa unha disputa entre terratenentes e inmigrantes europeos en Wyoming na década de 1890.
O filme foi o seguinte proxecto de Cimino logo do aclamado O cazador (1978), e foi rodado en localizacións de Montana e Idaho. A produción enfrontouse a numerosos contratempos, incluíndo sobrecostos, tomas extras importantes e mala prensa (incluíndo acusacións de abusos contra animais no set) e rumores sobre o suposto estilo autoritario de Cimino. Cimino tiña unha visión cara e ambiciosa para o filme, o que levou a que o orzamento fose catro veces máis alto do previsto.
Estreouse en galego o 29 de abril de 1992 na TVG.
Personaxes
Kris Kristofferson como James Averill Christopher Walken como Nathan D. Champion John Hurt como William C. Irvine Sam Waterston como Frank Canton Brad Dourif como Mr. Eggleston Isabelle Huppert como Ella Watson Joseph Cotten como The Reverend Doctor Jeff Bridges como John L. Bridges Geoffrey Lewis como Trapper Fred Paul Koslo como Charlie Lezak Richard Masur como Cully Ronnie Hawkins como Wolcott Terry O'Quinn como Minardi Tom Noonan como Jake Mickey Rourke como Nick Ray Roseanne Vela como rapaza fermosa Willem Dafoe como Willy (sen acreditar) Nicholas Woodeson como o home pequeno
Notas
Véxase tamén Bibliografía Bach, Steven (1 de setembro de 1999). Final Cut: Art, Money, and Ego in the Making of Heaven's Gate, the Film That Sank United Artists (Updated ed.). Nova York, NY: Newmarket Press. . Biskind, Peter (1998). Easy Riders, Raging Bulls: How the Sex-Drugs-and-Rock-'n'-Roll Generation Saved Hollywood. Nova York: Simon & Schuster. .
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1980 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Michael Cimino Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes ambientados en 1870 Categoría:Filmes ambientados en 1890 Categoría:Filmes ambientados en 1903 Categoría:Filmes ambientados en Wyoming Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes de 1980 con versión en galego