Julio Pérez Orozco, nado en Monforte de Lemos e finado en Buenos Aires o 3 de xullo de 1941, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Luis Pérez Guitián. Na República foi presidente do casino de Monforte,El Pueblo Gallego, 15-3-1935, p. 13. e concelleiro polo Partido Agrario Español. Foi detido en abril de 1936 por facer parte na trama golpista en Monforte.'Veña encargarse do seu fillo que llo deixamos aí morto' Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro de Monforte de Lemos e primeiro tenente-alcalde en novembro.El Pueblo Gallego, 17-11-1936, p. 11. Despois do pasamento do alcalde Alfredo Hermida Losada, foi nomeado alcalde-presidente da comisión xestora de Monforte de Lemos en abril de 1937. Foi cesado no cargo por irregularidades en xuño de 1938. Marchou á Arxentina e finou en Buenos Aires ao pouco de chegar, o 3 de xullo de 1941.El Progreso, 1-8-1941, p. 2.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Alcaldes del siglo XX en Monforte (1936-1947)
Categoría:Alcaldes de Monforte de Lemos Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Finados en 1941 Categoría:Nados en ano descoñecido