A dama de Shangai (en ) é un filme estadounidense de 1947 dirixido por Orson Welles e protagonizado por Welles, Rita Hayworth e Everett Sloane. Baséase na novela If I Die Before I Wake de Sherwood King.
Malia que nun principio recibiu valoracións dispares, gañou consideración co paso dos anos, e moitos críticos eloxiaron o seu deseño de escenarios e o traballo de cámara. En 2018, foi escollido para a súa conservación no National Film Registry pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Estreouse subtitulado en galego o 20 de maio de 1995 na TVG.
Sinopse Michael O'Hara coñece a encantadora Elsa Bannister, á que salva pouco despois dun asalto. Casada cun rico avogado sen escrúpulos, coxo e de volta a Shanghai, Elsa embarca a Michael no iate do seu marido. O'Hara namórase dela baixo a mirada indiferente do seu marido e George Grisby, avogado asociado de Bannister, aproveita unha escala para facerlle unha proposta singular: matar un home sen risco por unha gran cantidade de diñeiro co argumento de que non se pode procesar mentres a policía non atope o corpo da vítima.
Personaxes Rita Hayworth como Elsa "Rosalie" Bannister A voz de canto foi dobrada por Anita Kert Ellis Orson Welles como Michael O'Hara Everett Sloane como Arthur Bannister Glenn Anders como George Grisby Ted de Corsia como Sidney Broome Erskine Sanford como xuíz Gus Schilling como "Goldie" Goldfish Carl Frank como fiscal do distrito Galloway Louis Merrill como Jake Evelyn Ellis como Bessie Harry Shannon como condutor de taxi Errol Flynn como home fóra da cantina (sen acreditar) Philip Morris como Port Steward/Officer Peters (sen acreditar) Edward Peil Sr. como garda (sen acreditar)
Na cultura popular No filme de Sergio Leone Era unha vez en América (1984), a personaxe de Robert De Niro Noodles agóchase nun teatro chinés, fronte a un fumadoiro de opio, unha alusión a unha escena en que a personaxe de Orson Welles se agocha nun teatro chinés para eludir a lei. No filme Ghostbusters II (1989), Rick Moranis, Annie Potts e Sigourney Weaver están vendo A dama de Shanghai na televisión do apartamento da personaxe de Bill Murray. Moranis e Potts discuten sobre as relacións entre Welles e Hayworth. O filme de Woody Allen Misterioso asasinato en Manhattan (1993), filme negro cómico, inclúe un tributo ao filme, cun clímax en que hai un enfrontamento detrás da pantalla dun cinema en que se proxecta A dama de Shanghai. No filme de Jim Jarmusch The Limits of Control (2009), a personaxe de Tilda Swinton di que o filme non ten sentido. A escena climática do salón dos espellos entrou como un tropo no cinema e foi replicada innumerables veces en filmes e na televisión.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1947 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Orson Welles Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 1947 con versión en galego