Sandra Piñeiro Fungueiriño, nada no Esteiro (na parroquia de Castro, en Boiro) o 24 de abril de 1996, é unha remeira profesional e escritora galega, que compite co Orio da Liga Euskotren, a máxima categoría de competición en traiñeiras.

Traxectoria Comezou a remar de neniña no Cabo da Cruz. Logo dunha década con este club, en 2016 chegou a disputar a liga Euskotren co Cabo, onde finalizaron de cuartas (e últimas). Ao remate dese ano fichou polo Náutico de Ribeira onde permaneceu dous anos, ata 2018. Ao remate desa temporada, o Orio (de Orio, en Guipúscoa) engadiuna ao seu equipo, onde coincidiu con Victoria Piñeiro, a remeira de Cangas. O Orio levaba desde 2013 na liga Euskotren, de forma ininterrompida.

En xullo de 2019, a Piñeiro rompeulle o tolete e quedou a vogar sen remo para manter o ritmo e o equilibrio da traiñeira e non prexudicar as compañeiras, nunha imaxe que acadou unha certa viralidade no momento. Orio acabou por gañar esa regata. A canda as demais remeiras de Orio proclamouse vencedora da liga Euskotren nesa temporada, título que revalidou ao ano seguinte. Era a primeira vez que Orio gañaba a Liga Euskotren, logo de seis anos de dominio da traiñeira de Donibane (de Pasaia).

A partir de 2016 comezou a ter problemas coa alimentación e case tres anos máis tarde foi diagnosticada de anorexia, trastorno para o que se tratou sen deixar a práctica deportiva. A súa experiencia coa enfermidade escribiuna no seu libro Remando en la oscuridad.

Licenciouse en Ciencias do Deporte e adestrou equipos de base de remo de Orio. Traballa como preparadora física en Donostia.

Palmarés 2019: Liga Euskotren 2020: Liga Euskotren

Clubs

ClubAnoCabo da Cruz2009- 2016Náutico de Ribeira2017- 2018Orio2018- actualidade

Obra Remando en la oscuridad (2021)

Notas

Categoría:Remeiros de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1996