María Celia Fernández Figueroa, nada en Merlán (Chantada) o 17 de xullo de 1896 e finada no mesmo lugar en xuño de 1962, foi unha avogada e mestra galega.

Traxectoria Naceu na casa de Pumar, parroquia de Merlán, no seo dunha familia de labregos medianos. Estudou no Colexo das Josefinas de Madrid. Despois comezou os estudos de Maxisterio abandonando ao pouco para matricularse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela no curso 1923-24. Tamén estudou na Universidade de Murcia. Rematou Maxisterio e obtivo o título de mestra na Escola Normal de Santiago de Compostela en 1930.El Eco de Santiago, 30-10-1930, p. 2. Licenciouse en Dereito en 1932, sendo a primeira muller en facelo na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e probablemente a primeira muller galega en facelo en Galicia.La Voz de la Verdad, 22-5-1932, p. 2.Vanguardia Gallega, 23-5-1932, p. 4. Foi mestra en Lugo, nos anos corenta na Fonsagrada, e finalmente en Nogueira de Miño ata a súa morte.

Deixou inédita a novela La huérfana de Sevilla “La Quijotesca”, na que aborda a problemática da muller.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Celia Fernández Figueroa en Mulleres de Sil e Minho.

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Avogados de Chantada Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1896

Categoría:Finados en 1962 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela